Aprende a mariscar

Descobre esta profesión milenaria

Mergúllate no berce da colleita de marisco e descubre a riqueza agochada nos areosos da ría de Arousa da man de mariscadores profesionais.

A continuación, descubre as nosas orixes e os segredos dos nosos viños 100 % albariño da D.O. Rías Baixas visitando a nosa Bodega Martín Códax. Para rematar a túa visita, goza dunha cata guiada de maridaxe de viños e pratos na nosa terraza, con incribles vistas sobre a ría de Arousa, dirixida polo noso sumiller. Degustarás tres dos nosos viños albariños maridados con tres pratos elaborados con ingredientes locais.

  • Prezo: 45€/adulto e 20€/neno (5 a 17 anos)
  • Capacidade: 5 persoas mínimo – 24 persoas máximo
  • Duración: 3 horas aproximadamente

 

Para máis información envía un correo a enoturismo@martincodax.com ou chama ao: 986 52 60 40.

*Consulta coa adega o grao de accesibilidade das instalacións.

*Solicitude con antelación mínima de 5 días

Cubre o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo para xestionar a túa reserva.

    Experiencias relacionadas