Unha experiencia pensada para quen desexa descubrir Bodegas Martín Códax desde unha perspectiva máis pausada e singular.
Mar de Fondo propón un percorrido pola esencia da adega, a súa orixe colaborativa e o seu vínculo co territorio, finalizando cunha cata especial da gama completa de viños Martín Códax acompañada dunha proposta gastronómica coidadosamente deseñada para realzar cada matiz.
Unha visita onde a paisaxe, o viño e o Atlántico dialogan nun ambiente privilexiado, invitando a desfrutar sen présa dunha experiencia sensorial diferente.
- Prezo: 120€ / persoa
- Cada visita realízase de forma exclusiva para cada grupo de reserva, adaptándose ao número de asistentes.
Para máis información envía un correo a enoturismo@martincodax.com ou chama ao: 986 52 60 40.
*Visita para maiores de 18 anos.
*Consulta coa adega o grao de accesibilidade das instalacións.
*Solicitude con antelación mínima de 5 días
