Bodegas Martín Códax fai entrega da recadación da X edición de “Os Xoves de Códax” ás ONG

05 de Setembro de 2023

A X edición do ciclo musical da adega cambadesa recaudou máis de 35.000 euros, destinados a diferentes asociacións que traballan con colectivos en risco ou con necesidades especiais. Adicionalmente, Bodegas Martín Códax aportou preto de 3.000 euros á Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) como unha aportación máis á cultura e os autores

A X edición do ciclo musical da adega cambadesa recaudou máis de 35.000 euros, destinados a diferentes asociacións que traballan con colectivos en risco ou con necesidades especiais. Adicionalmente, Bodegas Martín Códax aportou preto de 3.000 euros á Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) como unha aportación máis á cultura e os autores

Captura de pantalla 2023-09-05 151733

Bodegas Martín Códax entregou esta mañá a venda dos concertos incluidos na décima edición do ciclo musical solidario Os Xoves de Códax a Banco de Alimentos Rías Baixas, Cruz Vermella Galicia, ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), Fundación Grandes Amigos e AMENCER- ASPACE (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral e outros trastornos neuro-motores).

O presidente de Bodegas Martín Códax, Xoan Allegue, agradeceu de maneira moi emotiva a expectación, acollida e éxito do ciclo musical solidario entre o público e destacou que “un ano máis con esta e outras actividades da adega intentamos reflectir o noso compromiso coa sociedade galega e a nosa aposta pola vinculación co territorio, coa nosa identidade e cos valores colaborativos”.

Captura de pantalla 2023-09-05 151915

Allegue, ademais, reflexionou sobre a filosofía de Bodegas Martín Códax e das entidades beneficiarias de Os Xoves. “A colaboración é e será fundamental no noso día a día. Esa é a filosofía de Bodegas Martín Códax, formada por familias, e é a mesma particuliaridade á que nos une ás asociacións aquí presentes que traballan na igualdade de oportunidades para todas as persoas e para que ninguén quede atrás. Xuntos, cooperando, medramos máis e mellor”.

“Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que asistiron ós concertos de Os Xoves de Códax desta décima edición, quen, coas súas entradas, contribuiron á recadación destinada a cada unha das organizacións aquí presentes hoxe. Sen eles non sería posible o éxito, ano tras ano, desde ciclo de concertos”, matizou o presidente de Bodegas Martín Códax.

Os representantes das asociacións dedicaron unhas palabras de agradecemento á adega por esta iniciativa e, sumáronse ás grazas do presidente de Bodegas Martín Códax, á solidaridade de todo o público de Os Xoves de Códax que lles permitirán levar a cabo diferentes proxectos destinados a axudar aos colectivos en risco de exclusión ou con necesidades especiais.

Cos cinco concertos celebrados ao longo deste verán, a adega entregou máis de 35.000 euros ás asociacións. En cifras xerais, a cantidade total recadada ao longo das dez edicións supera os 220.000 euros, repartidos entre diferentes asociacións solidarias.

Esta décima edición do ciclo musical de Os Xoves de Códax, xuntou a artistas de diferentes orixes nun espectáculo de fusión cultural e musical. Moisés Fernández, Josemi Carmona, El Paquete, David de Jacoba, El Piraña, El Montoyita, El Yiyo e Estrella Morente (como artista convidada), Antía Muíño, Las Migas, Pablo Lesuit, Colectivo Panamera, Miguel Lamas, Maldita Nerea e Santiago Auserón foron os convidados nos cinco concertos deste ano.

Os Xoves de Códax supoñen, ademais, continuar co apoio de Bodegas Martín Códax á cultura, á música e a todo o seu colectivo, os protagonistas indiscutibles deste ciclo musical, algo moi arraigado na traxectoria da Adega.

Captura de pantalla 2023-09-05 152001

Captura de pantalla 2023-09-05 152045

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario