Bodegas Martín Códax presents its wine tourism programme for this new season

21 de Marzo de 2024

A adega inaugura nova tempada cunha ampla oferta de visitas e experiencias en torno ao turismo do viño no Val do Salnés

A adega inaugura nova tempada cunha ampla oferta de visitas e experiencias en torno ao turismo do viño no Val do Salnés

 Bodegas Martín Códax presenta a súa programación de actividades de enoturismo, un dos seus signos de identidade, coincidindo co inicio da tempada alta.

A adega, co obxectivo de convertir ás Rías Baixas e, en concreto, o Val do Salnés, en referente do enoturismo galego, sempre destacou pola súa amplia programación de visitas e actividades coas que acercar o mundo do viño ao visitante.

A programación de actividades de enoturismo da adega situada en Cambados ofrece tres visitas e catas maridaxe comentadas, tres experiencias arraigadas no territorio nas que o visitante convértese en protagonista e diferentes catas, que incluen as elaboracións singulares da adega, na terraza con vistas á Ría de Arousa.

Ademais, un ano máis, celebraránse As Enovixes de Códax que nesta edición terán lugar cada xoves dende o 25 de abril ata o 16 de maio. As Enoviaxes son un percorrido polo panorama enolóxico galego, nacional e internacional que permiten ao visitante vivir experiencias diferentes do mundo vinícola. Da man de recoñecidos ponentes, na terraza de Bodegas Martín Códax, os xoves 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio, serán unha cita imprescindible para todo amante do viño onde poderá gozar dunha experiencia única. A oferta deste ano permitirá coñecer destinos vinícolas tan diversos, e as súas peculiaridades, como Chile, Italia, Madeira… Para asistir a esta actividade, que terá un prezo de 25 euros por persoa e aforo limitado, será necesario adquirir as entradas previamente na web de Bodegas Martín Códax, que se porán á venda nos próximos días.

As visitas en adega

Un total de tres propostas diferentes deseñadas para descubrir, a través de visitas guiadas, a orixen da adega, así como os segredos das súas elaboracións. Todas elas finalizan con diferentes catas que incluen degustación dunha selección de viós D.O. Rías Baixas 100% albariño, creación de Bodegas Martín Códax, mentres se goza das excepcionais vistas da Ría de Arousa.

A Visita Orixe permita descubrir a Adega, a través dunha visita guiada e finaliza na terraza baixo o marco incomparable da Ría de Arousa, coa cata comentada de dous dos nosos viños 100% albariño, acompañados por dous queixos galegos Denominación de Orixe. Pola súa parte, a visita Ondas do Mar inclue unha degustación de tres viños armonizados con tres elaboracións con conservas gourmet km0. Creacións Singulares permite gozar tamén de elaboracións de productos Km0 maridadas neste caso coas creacións singulares e de producción limitada de Bodegas Martín Códax que acadaron numerosos premios e distincións.

 As experiencias

Ademais, Bodegas Martín Códax ofrece outra forma de vivir o enoturismo, con experiencias únicas nas que o visitante é o protagonista. Actividades vinculadas á contorna e que permiten a quen as fai mergullarse de cheo nas tradición da zona. Algunhas destas actividades son: “Aprende a mariscar” onde se pode experimentar po un mesmo o oficio das mariscadoras da Ría de Arousa; “Los Tesoros de la Ría”, para coñecer da primeira man unha conservera artesá dende dentro e, por último, “O Mar en Liberdade” que permite gozar dun paseo pola Ría de Arousa en embarcación tradicional. Todas elas complétanse cunha visita guiada á adega e unha cata maridaxe acompañada con conservas Km0 como broche final.

As catas

Bodegas Martín Códax ofrece catas onde poderanse gozar das súas elaboracións no seu lugar de orixe. Na terraza, con cistas privilexiadas á Ría de Arousa e sen necesidade de reserva previa, pódense gozar de tódolos viños que se elaboran na Adega.

Ademais, nun guiño ao tobador medieval Martín Códax no cual inspirouse o proxecto na súa orixe, a adega mantén a súas xa coñecidas “Cantigas”, nome que reciben as degustacións que incluen unha selección, feitas polo noso sumiller, das elaboracións da adega. Cada unha delas sempre teñen como fio conductor un concepto do mundo do viño e foron creadas para recrear os sentidos e ensalzar a cultura da zona.

Ao longo da tempada, iranse incorporando novas propostas de visitas e actividades, ademais dos eventos estivais, que completarán a ampla oferta de Bodegas Martín Códax para a tempada de enoturismo 2024.

a

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario