Cantos Na Maré

11 de Xaneiro de 2016

Festival de Lusofonía

Festival de Lusofonía

cantosnamare-martincodax

O apoio á cultura galega xa se converteu para nós nunha cuestión de principios. Por iso, sempre que podemos, poderédesnos ver colaborando con diferentes eventos e expresións artísticas que poñen de manifesto a riqueza cultural da nosa terra.

Nesta ocasión e para abrir o 2016 colaboraremos co Festival Internacional de Lusofonía Cantos Na Maré. A duodécima edición deste evento celebrarase este sábado 16 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra a partir das 21.00 horas.

O festival volve coa intención de seguir reforzando relacións cos territorios irmanados que nesta ocasión serán Portugal, Brasil e Guinea Bissau. Baixo a dirección musical de Paulo Borges e a artística de Uxía que actuará xunto a NARF, organizaron un concerto que será memorable con Jorge Palma, Thaïs Morell, Karyna Gomes e Alceu Valença.

Jorge Palma, Karyna Gomes, Thaïs Morell e Uxía&Narf

O cartel deste ano compóñeno Jorge Palma, un dos alicerces da música rock portuguesa, referente de toda unha xeración de artistas no país veciño; a brasileira Thaïs Morell, unha cantante e guitarrista excepcional, que mestura a bossa-nova cunha gran variedade de músicas; desde Guinea Bissau chega Karyna Gomes, co seu primeiro disco, influenciado pola música tradicional do seu país e unha mestura doutras culturas adquiridas tras vivir en tres continentes; e dous músicos galegos de recoñecida traxectoria, Uxía&Narf, que se reúnen para cantar as baladas da Galicia imaxinaria.

Alceu Valença, última sorpresa do festival Cantos na Maré

Cantos na Maré completa o cartel cunha última sorpresa: Alceu Valença, un dos artistas brasileiros máis transgresores, que leva máis de cinco décadas electrizando os ritmos do o seu Pernambuco natal, cunha gran repercusión internacional.

VENDA DE BILLETES FACENDO CLICK AQUÍ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario