Comenzou o Outono Códax 2022 reafirmando a súa aposta pola calidade e a descuberta

02 de Novembro de 2022

O festival de música negra, que se celebrará en Compostela do 2 ao 30 de novembro, acolle unha ducia de concertos de soul, jazz, swing, brass band, rock e blues, así como unha variada programación paralela para desfrute de todos, entre as que destacan as catas de viño con maridaxe e ceas musicais con maridaxe de Martín Códax

O festival de música negra, que se celebrará en Compostela do 2 ao 30 de novembro, acolle unha ducia de concertos de soul, jazz, swing, brass band, rock e blues, así como unha variada programación paralela para desfrute de todos, entre as que destacan as catas de viño con maridaxe e ceas musicais con maridaxe de Martín Códax

A procura de excitantes descubertas sonoras, achegar artistas e grupos de contrastada calidade que rara vez ou nunca actuaron en Galicia nin en España e enriquecelo todo cunha programación paralela de actividades en torno a cultura da música e do viño, son algúns dos sinais de identidade que veñen singularizando ao festival Outono Códax dende a súa primeira edición. E xa van unha ducia.

Un ano máis, e baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax, o festival impulsado por Raiña Pro e A Reixa representa fielmente ese espírito, cunha ecléctica combinación de propostas musicais que representan o variado abano e as múltiples vertentes da música negra. Doce concertos nos que terán cabida a elegancia do soul contemporáneo, o desparrame festivo do rock garaxeiro, a xenuína autenticidade das raíces de Nova Orleans, o R&B hipervitaminado, o soul de nova escola e mesmo o intimismo poético vencellado ao pop barroco doutras épocas.

A de Big Chief Monk Boudreaux é unha das figuras estelares desta edición do Outono Códax. Non en van, é a primeira vez que o xefe indio de Mardi Gras, o «Ancián dos Anciáns», pisa territorio galego. Monk Boudreaux foi nomeado este ano ao premio Grammy na categoría Raíces Rexionais.

Tamén é sobresaínte a presenza de Carlton Jumel Smith, que chega acompañado por The Harrycane Orchestra. O elegante soulman norteamericano, que interpretou ao seu ídolo musical, James Brown, na película de Barry Levinson Liberty Heights, é o autor do aclamado disco 1634 Lexington Avenue.

Da vertente máis frenética do festival encárganse MFC Chicken, un dos grupos cun directo máis excitante da escena do garaxe-rock do Reino Unido. Nesa mesma órbita, pero neste caso influenciada polo espírito das raíces do blues, sitúase tamén a banda de Brooklyn Daddy Long Less, que será a encargada de abrir esta edición do festival.

A participación galega nos concertos do Outono Códax concrétase nas figuras de Nastasia Zürcher e por Moura, banda que mestura a neopsicodelia, o rock progresivo e o kraut-rock coa tradición musical galega.

O cartel do Outono Códax 2022 complétase con nomes como o do cantautor Bart Davenport, o representante da cultura festiva de Nova Orleans John “Papa” Gros, o blues de vella escola de JC Smith Band, o excitante trío da rockabilly gaditana La Perra Blanco ou a banda asturiana de rockabilly e blues primitivo Honky Tonk Heels.

A programación do Outono Códax 2022 completarase con dúas presentacións de libros a cargo de Xavier Valiño e Fernando Navarro, un ciclo de proxeccións adicado á música no cinema, unha noite de monólogos a cargo de Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez, sesións de Dj’s, catas de viño con maridaxe e ceas musicais con maridaxe de Martín Códax.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario