Coñecemos aos gañadores!

10 de Maio de 2018

Gala final V Premios Martín Códax da Música

Gala final V Premios Martín Códax da Música

premios-martincodax-musica-2018

 

A noite do 9 de maio celebramos no Pazo da Cultura de Pontevedra a gran festa da música en Galicia. A noite na que se dan a coñecer aos mellores proxectos musicais do ano á vez que se poñe de relieve o potencial deste sector e a diversidade de estilos existentes.

Dos máis de 400 proxectos presentados aos Premios Martín Códax da Música, tan só 54 pasaron á ronda final. Un xurado, composto por membros tanto de Músicos Ao Vivo, organizadores dos premios, coma por outros profesionais deste sector, foi o encargado de escoller aos gañadores desta quinta edición.

E os proxectos destacados foron os seguintes:

  • Pop e indie: Eladio y Los Seres Queridos
  • Rock: Igmig
  • Jazz e músicas improvisadas: Yago Vázquez Trío
  • Hip hop e músicas urbanas: Som do Galpón
  • Música tradicional e folk: Xosé Lois Romero & Aliboria
  • Músicas do mundo: Brais Morán
  • Música infantil: A gramola gominola
  • Electrónica: Mounqup
  • Metal: Arrhythmia
  • Reggae, ska e mestizaxe: Chotokoeu
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Grupo Limón
  • Blues, funk e soul: The Lákazans
  • Canción de autor: Uxía
  • Coros e música vocal: Encaixe

Premios Organistrum:

  • Mellor festival: Resurrection Fest
  • Mellor sala: Sala Garufa Club
  • Mellor espazo de comunicación musical: Ábrete de orellas.

Ademais, nesta gala rindiuse homenaxe por primeira vez a dous músicos. Os sendos premios honoríficos foron a parar a Pepe Bordallo e Quique Alvarado, pola súa traxectoria musical como baxistas.

Hoxe, o proceso comeza de novo. Músicos e músicas de Galicia parten de cero, novos proxectos e novas iniciativas para, de aquí en un ano, volver a participar na que será a sexta edición destes premios. Estamos desexando que chegue o momento!

Por ahora, seguiremos a gozar de todo o talento galego.

Deixa una resposta a benalfest 2018 Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario