Eladio y los Seres Queridos e Las Antonias poñen o broche de ouro á IX edición do ciclo musical “Os Xoves de Códax”

19 de Agosto de 2022

Dúas mil persoas gozaron coa volta dos concertos solidarios de Bodegas Martín Códax. A recadación deste último Xoves de Códax irá destinada á Fundación ANDREA para apoiar a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que destinará o diñeiro ao seu proxecto de casas de acollida

Dúas mil persoas gozaron coa volta dos concertos solidarios de Bodegas Martín Códax. A recadación deste último Xoves de Códax irá destinada á Fundación ANDREA para apoiar a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que destinará o diñeiro ao seu proxecto de casas de acollida

Que mellor broche de ouro para esta IX edición do ciclo musical solidario “Os Xoves de Códax” que contar coa banda xa consagrada de Eladio y los Seres Queridos e as divertidas Las Antonias.

Unhas 2.000 persoas pasaron pola terraza de Bodegas Martín Códax este verán e viviron de novo o ambiente solidario deste ciclo musical, que ademais de bos artistas e deliciosos viños, xunta unha morea de persoas que contribúen a unha causa benéfica e gozan dunha mestura de sons galegos, nacionais e internacionais.

Con máis de 15 ano de carreira con seis discos e xiras nacionais e festivais, Eladio y los Seres Queridos son unha das bandas máis estables do panorama musical español, sempre fieis ó seu particular estilo.

Premio Martín Códax da Música á mellor banda indie-pop 2013, Eladio y los Seres Queridos, ofreceron este 18 de agosto, na terraza de Bodegas Martín Códax, unha gran velada. Amenizaron este último xoves cos temas do seu último disco Academia, que se pulicou en marzo do 2020, sen esquecerse dos clásicos do grupo formado por David Outumuro, Óscar Durán, Marcos Vázquez e Eladio Santos.

Las Antonias é unha banda femenina que se define como “perfectas destripadoras de boleros e outras delicias dos anos 50 e 60”, principalmente. Cambian os conceptos machistas que móstranse na maioría de estes temas, utilizando a retranca coma arma de transformación masiva. Na súa proposta inclúen un curso acelerado entre tema e tema para animar ao público a ser un/ ha Antonio / a.

Las Antonias está conformado por Ana Lee (canto), Elena (Fagot), Marina (Teclado), Raquel (Tuba y bajo) e Marta (Percusión).

A recadación deste último Xoves de Códax irá destinada á Fundación ANDREA de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Esta organización sen ánimo de lucro, de ámbito nacional e con sede en Compostela, iniciou a súa actividade a finais de 2005. Ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos, haxan de coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais que estes poidan padecer, facilitándolles solucións e axudas áxiles ante situacións de carencias inmediatas.

Os proxectos postos en marcha pola Fundación, dende o inicio da súa actividade, e para familias de nenos enfermos de toda Galicia centráronse en 3 áreas diferenciadas: en proxectos de axuda familiar; proxectos para familias desprazadas e en proxectos hospitalarios.

Dende a Fundación ANDREA confirman que destinarán o diñeiro, para a sufragación de parte dos gastos do proxecto “Las Casitas”, onde se acollen anualmente máis de 200 familias de toda Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario