A confusión sexual nos viñedos de Martín Códax

05 de Xuño de 2019

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

_DSF4116

No Día Mundial do Medio Ambiente, queremos insistir en que en Bodegas Martín Códax tomámonos moi en serio o apartado de sustentabilidade, por elo continuamos o noso ambicioso traballo neste sentido,  implantando técnicas respectuosas, que buscan reducir o uso de insumos nos viñedos, é dicir o control biolóxico de certas pragas que afectan á vide, como é o caso da couza do acio, unha das máis importantes e prexudiciais, e faino mediante a confusión sexual destes insectos.

No marco do proxecto VINOVERT, chegado dende Francia e que involucra a países como Portugal e a España, e do que é partícipe Bodegas Martín Códax, Miguel Tubío, director técnico da empresa, explica que, “nesta campaña, xa se reduciu o uso de produtos para a eliminación das couzas, mediante unha práctica que impide que os machos deste insecto atopen ás femias, confundíndoos e evitando que as fecunden e introduzan os seus ovos nas uvas. Esta técnica permite que, sen produtos químicos, controlemos un problema de insectos que podería dar lugar á botrytis na vendima e consiste en instalar nas viñas uns difusores que expanden feromonas, producindo dita confusión sexual. Deste xeito, elimínase a utilización dos insecticida, que de outra maneira sería aplicado un mínimo de dúas veces ao ano”.

Os efectos xa se notan nas fincas dos viticultores de Martín Códax, xa que os machos da couza non están aparecendo nas trampas habituais, que se colocan nos viñedos. Ao longo desta campaña obteranse os resultados dun control biolóxico que xa se aplica con éxito noutras zonas de España e, ademais, noutros cultivos como o da mazá.

_DSF4107

Neste sentido, con motivo das xornadas técnicas de VINOVERT, que veñen de desenvolverse na adega, e cuxo pilar é a sustentabilidade, e na que se falou precisamente de camiñar cara a redución do uso de insumos no viñedo, o director xeral de Bodegas Martín Códax, Juan A. Vázquez, quixo recordar que “ninguén coma nós, os viticultores, está preocupado polas terras que queremos deixarlles aos nosos fillos”.

En Galicia, para controlar biolóxicamente este insecto, existe a dificultade da dispersión dos viñedos, por iso nas Bodegas Martín Códax, -incide Miguel Tubío-“estamos satisfeitos de ter aplicado xa este procedemento no cen por cen do noso viñedo propio, 128 hectáreas que constitúen o 26% da superficie total xestionada en Rías Baixas”. Isto coloca á empresa como a que aplica esta técnica de control biolóxico da couza na maior superficie de viñedo galego.

Tubío detalla, así mesmo, que Bodegas Martín Códax empezou contactos con outras cooperativas e concellos coa intención de expandir este coñecemento a outros viticultores, que xa se están sumando á iniciativa, estendendo esta dinámica sustentable á toda Galicia.

  1. Hola,me encanta todo lo que hacen y sobre todo
    su Albariño, estuve en el Corte Inglés y con las gardenias encontré a una señorita super amable que me informó muy bien y me atendió como pica gente queda ahora.
    Desde entonces cada vez que estoy desanimada o me quiero premiar ,me compro una botella
    Muchas gracias,una admiradora
    Paqui

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    35 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • alicia bará
    1 comentario
  • Anabel
    1 comentario