Volven As tardes Do Atlántico

26 de Xuño de 2019

Bodegas Martín Códax mergúllanos nos sabores do Atlántico

Bodegas Martín Códax mergúllanos nos sabores do Atlántico

banners_tardes-do-atlantico-02

A terraza da adega acollerá, durante os meses de verán, unha nova edición de As Tardes do Atlántico. Unha proposta enoturística que permitirá aos asistentes vivir, durante xullo, agosto e setembro, unha fusión da paisaxe, a gastronomía e a viticultura do Val do Salnés.

A intención destas propostas é dar a coñecer ao visitante a grandeza do Atlántico e das Rías Baixas, fusionado a través de catas maridaxe con viños de Martín Códax e deliciosos bocados, preparados coas receitas de distintos e revolucionarios cociñeiros de fama nacional. As tardes do Atlántico pretenden ser unha viaxe a través dos sentidos pola esencia e tradición atlánticas.

Neste novo ciclo, a adega propón outra maneira de achegarnos aos produtos galegos e aos seus produtores, dende a óptica de maridaxes arriscadas cos mellores produtos do mar en conserva, algas, cociña xapo-galega, queixos galegos e internacionais, empanadas artesás e todo co toque revolucionario das receitas dos cociñeiros Adrián Felipez (Restaurante Miga), Dani García (Grupo Dani García), Iván Domínguez (Restaurante Nado), Marcos Cerqueiro e Iago Pazos (Restaurante Abastos 2.0) e Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), reivindicando a excelencia de produtos premium de Conservas Albo, Conservas Frinsa, Conservas Portomuiños, queixos da Quesería Marqués de Valladares e doutros produtores de proximidade.

Falando de sabor atlántico, non poderían faltar os viños elaborados co froito dos viñedos do Val do Salnés. Os nosos enólogos conducirán aos participantes, a través da cata dos diferentes produtos da adega, para que poidan apreciar todos os matices, aromas e sabores, así como a versatilidade do albariño.

As Tardes do Atlántico constarán de tres pases horarios, cada día, os martes, mércores e venres, na terraza. Terán un prezo de 15 euros por persoa e a reserva deberá realizarse chamando á adega no teléfono 986 526 040 ou a través do correo electrónico enoturismo@martincodax.com

Calendario de As Tardes Do Atlántico, dos meses de xullo e agosto:

Abastos 2.0: Cociña xapo-galega. 2, 23 xullo e 13 agosto. (Platos elaborados con las recetas de Iago Pazos y Marcos Cerqueiro)

Alta cociña en lata: Frinsa + Pepe Solla. 3, 17 xullo e 14, 28 agosto. (Pratos elaborados coas Conservas Frinsa e as receitas de Pepe Solla)

Quesería Marqués de Valladares: Queixos do mundo. 5, 26 xullo e 9, 23, 30 agosto.

Produtores de proximidade: Adrián Felipez. 10, 31 xullo e 21 agosto. (Platos elaborados con las recetas de Adrián Felipez)

Alta cociña en lata: Albo + Dani García. 9, 24, 30 xullo e 7, 20 agosto. (Platos elaborados con Conservas Albo e coas receitas de Dani García)

Empanadas artesás. 12 xullo e 2 agosto.

Conservas de terra e mar: Iván Domínguez + Portomuiños. 16 xullo e 6, 27 agosto. (Platos elaborados con las recetas de Iván Domínguez y Conservas Portomuiños)

Cociña en doce. 19 xullo e 16 agosto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario