A solidariedade de Os Xoves de Códax

09 de Xullo de 2018

TDAH Salnés, Arela ou Apropark, entre as oito asociacións beneficiadas

TDAH Salnés, Arela ou Apropark, entre as oito asociacións beneficiadas

Como mostra do compromiso de Bodegas Martín Códax coa cultura e o benestar da sociedade da zona, outro ano máis o grupo destina a taquilla do seu ciclo musical Os Xoves de Códax a entidades sen ánimo de lucro. Esta séptima edición comprenderá un total de oito xoves (dos meses de xullo e agosto) polo que foron un total de oito as entidades escollidas ás que se destinará o importe da taquilla, cada unha por concerto.

As asociacións escollidas son as seguintes:

  • Cáritas, foi convidada a asistir ao concerto de apertura do ciclo, con Guadi Galego & Iván Ferreiro.
  • Apropark, é a asociación convidada ao concerto do vindeiro 12 de xullo, con Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre.
  • Asociación Bata, estará presente no concerto de Marcos Teira Quinteto & La Negra, o próximo 19 de xullo.
  • Amencer-Aspace: Centro Princesa Leticia, que asistirá ao concerto de Uxía & DePedro na noite do 26 de xullo.
  • Afaga, será a convidada á actuación de Banda Xangai, que abrirá os concertos do mes de agosto.
  • Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, compartirá protagonismo con Forro Mior & Najla Shami o 9 de agosto.
  • Asociación Arela, que nos acompañará o 16 de agosto con Pancho Amat & Alejandro Vargas.
  • TDAH Salnés, que estará presente no concierto que clausurará Os Xoves con Jenny & The Mexicats.

CÁRITAS. Diocesana de Santiago de Compostela-Interparroquial de Arousa:

Entidade que leva a cabo diferentes acción sociais, entre elas a atención básica a familias e persoas en situación de risco de exclusión laboral. Ofrecen comedores sociais, roupeiros, servizos de hixiene e lavandeiría, alfabetización de adultos, comedores sobre rodas para persoas maiores e dependentes…

APROPARK

A Asociación de Párkinson da provincia de Pontevedra nace para atender, orientar, formar e informar ás persoas afectadas, os seus familiares e/ou coidadores, profesionais e á sociedade en xeral sobre todo o referente á Enfermidade de Párkinson.

ASOCIACIÓN BATA

Desde esta asociación atenden a personas con autismo ou discapacidade intelectual e ás súas familias, dende os tres anos ata a idade adulta con programas de independencia e autonomía, actividades orientadas á inclusión e participación na comunidade, apoio ás familias, etc.

AMENCER-ASPACE. Centro Princesa Leticia

A asociación Amencer, para a atención de persoas afectadas por parálise cerebral, dispón en Vilagarcía de Arousa do Centro Princesa Leticia centrado en dúas áreas: centro de atención integral e centro de educación especial.

AFAGA

Esta entidade ofrece unha serie de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e os seus familiares, a través de talleres, apoio psicolóxico, asesoramento legal e social, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados con enfermidades neurodexenerativas.

SOLIDARIDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI

Asociación que dá resposta ás necesidades de planificación e avance na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida aos refuxiados saharauís que se dá en Galicia en coordinación coa Delegación Saharauí para Galicia.

ASOCIACIÓN ARELA

Entidade que traballa dende 1998 en Galicia con infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social. Actualmente xestionan 10 centros de menores repartidos por toda a xeografía galega.

TDAH SALNÉS

Formada por pais, nais e familiares con fillos e adultos afectados polo TDAH o seu fin principal é a atención especializada a estas persoas e, en segundo lugar, dar a coñecer á sociedade as necesidades especiais que elas teñen para promover a igualdade de oportunidades e mellor integración social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario