Chega o Outono Códax

01 de Outubro de 2019

Concertos inéditos en Galicia. Do 15 de outubro ao 1 de decembro.

Concertos inéditos en Galicia. Do 15 de outubro ao 1 de decembro.

Outono Códax

O outono irrompeu nas nosas vidas e con el chegará un festival de música negra cos mellores sons deste xénero e cun cartel inédito en Galicia! Bodegas Martín Códax non podía non formar parte da novena edición dunha criatura musical que non para de medrar: o Outono Códax Festival. Un festival que non podedes perder e que vos animamos a gozar en Compostela, acompañados dos nosos viños!

Outono Códax 2019

A estadounidense Kim Lenz, recoñecida mundialmente como a raíña do rockabilly, será a encargada de abrir os concertos grandes do Outono Códax Festival 2019,  dos que tamén formarán parte The Reverend Shawn Amos & The Brotherhood, un dos bluesman máis destacados e admirados do actual panorama internacional, ademais de The Rhum Runners, Andrew Combs, The Fabulous Resaca Brothers, Espiño, Helen & Shanna e Los Torontos.

O festival  impulsado por Raíña Productions e A Reixa, en colaboración con Pousadas de Compostela e baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax, achegará a Galicia o mellor do xénero con cinco citas en Santiago de Compostela (15 e 19 de outubro; 9 e 29 de novembro, e 1 de decembro), nas que volve xuntar os sons máis selectos do rhythm & blues, o soul e o rock´n roll clásico a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas e bandas de referencia internacional, destacados nomes da escena estatal e algunhas das formacións galegas máis relevantes ou emerxentes do panorama actual.

De feito, e exceptuando ás bandas galegas, nesta edición 2019 –que terá como é habitual sede principal na Sala Capitol, á que se suman tamén o Riquela Club e este ano o Flamingo–, o cartel será integramente inédito en Galicia, reafirmando unha vez máis o compromiso do Outono Códax por facilitar o acceso dos fans do xénero aos directos de artistas de renome que dificilmente chegan aos escenarios galegos e que, como é o caso, ata o de agora non actuaron na nosa comunidade.

Podes comprar as túas entradas en: Ataquilla.com e Sala Capitol

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario