Os Premios Martín Códax da Música celebran os seus dez anos

06 de Marzo de 2023

Este luns 6 de marzo presentouse a X edición dos Premios Martín Códax da Música, no Salón Teatro de Santiago de Compostela

Este luns 6 de marzo presentouse a X edición dos Premios Martín Códax da Música, no Salón Teatro de Santiago de Compostela

Os Premios Martín Códax, organizados pola asociación Músicas ao Vivo, abren a súa convocatoria 2023 a tódolos proxectos musicais vixentes e en activo durante este último ano. Desde o seu necemento, os premios marcáronse como obxectivo visibilizar a creatividade musical de artistas e bandas de Galicia e o potencial da música como sector estratéxico, desde o punto de vista social e económico.

 

Esta nova edición volve as súas datas habituais prepandemia e integran quince categorías musicais, tres premios Organistrum, un galardón honorífico e, por segundo ano, mellor proxecto de Artista Emerxente. O proceso de inscrición de proxectos estará aberto dende o 13 de marzo ao 2 de abril a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal, renovada con motivo deste aniversario especial.

A gala de entrega dos 10º Premios Martín Códax da Música terá lugar o vindeiro 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra e estará inspirada no proceso de elaboración do viño en relación aos procesos de composición e produción de música. Será a primeira gala organizada pola directiva entrante o pasado ano en Músicas ao Vivo formada por Sheila Patricia, Xavier Castro, Patty Castro, Tomás Díez, Silvia Penide e Pablo Lesuit, que recoñece deste xeito o apoio fundamental das Bodegas Martín Códax. Centos de proxectos preséntanse cada ano, desde 2013, nas diferentes categorías dos Premios Martín Códax da Música convertendo a convocatoria nunha cita de referencia cultural e un punto de confluencia para as persoas que se dedican á música en Galicia.

A edición da consolidación, así definiron Sheila Patricia e Patty Castro, presidenta e tesoureira de Músicas ao Vivo respectivamente, estes décimos Premios Martín Códax da Música, que volven ao calendario habitual prepandemia. As quince categorías musicais dos premios son: Pop e Indie; Rock e Punk; Blues, Funk e Soul; Metal e Heavy; Canción de Autor/a; Músicas Urbanas; Músicas do Mundo e Mestizaxe; Electrónica; Música Clásica e Contemporánea; Jazz e Músicas Improvisadas; Música Tradicional; Música Folk; Música Infantil; Orquestras, Grupos e Música de Verbena; e Bandas de Música Popular. Tras o peche das inscricións o 2 de abril, un xurado profesional encárgase de valorar e puntuar os proxectos coa selección de tres finalistas por categoría; son as socias e socios de Músicas ao Vivo quen votan na seguinte fase.

Premios Organistrum, Honorífico y Artista Emergente

 

Ademais nos 10º Martín Códax volverán a entregarse os tres premios Organistrum, que destacan anualmente unha Sala, un Festival e un Espazo de Comunicación Musical e a mención honorífica a toda una carreira artística ou traxectoria profesional que teña sido un referente para o resto de músicos e músicas en Galicia. Nesta edición manterase así mesmo o premio ao mellor proxecto de Artista Emerxente, categoría extraordinaria que se presentou o pasado ano por primeira vez e na que resultou distinguida a cantante Antía Muíño. Este premio pretende valorar a proxección e potencial dun proxecto de nova creación que non leve en activo máis de tres anos, que non editara máis dun disco e non fose premiado ou finalista en edicións anteriores. O xurado profesional encargarase da escolla de tres finalistas, pero como novidade, ademáis das persoas socias de Músicas ao Vivo tamén o público xeral poderá votar nesta categoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario