Máis de 13.500€ doados

10 de Setembro de 2015

Os Xoves de Códax

Os Xoves de Códax

donacion2

donacion1

A suma ascende a algo máis de 13.500 €. Son os doados ás diferentes entidades benéficas seleccionadas para ser as beneficiarias dos Xoves deCcódax. 13.500 euros recadados no despacho dos concertos e grazas á solidariedade do público que esgotou as entradas en cada un dos espectáculos.

A entrega fíxose xa efectiva en senllos eventos en agosto e setembro a un total de nove asociacións: Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés, AECC, Fundación Andrea, Ingada, CáritasSolidaridade Galega co Pobo Saharaui, Afaga e Cociña Económica de Santiago.

A repartición fíxose de forma equitativa entre todas as organizacións polo que cada unha delas percibiu aproximadamente 1.500 euros que servirán para seguir prestando diversos servizos ás comunidades e grupos sociais aos que axudan.

Grazas a esta iniciativa, na historia dos Xoves de Códax, puidéronse doar en total preto de 19.000 euros a entidades de toda Galicia especialmente envorcados cos máis desfavorecidos.

Dende aquí, o máis sincero agradecemento de parte de todo o equipo da bodega, tanto ás asociacións polo gran traballo que desenvolven coma ao noso público que fai posibles estas doazóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario