Melodía itinerante

24 de Maio de 2011

Lugo recibe a mostra “Música de Pedra e Cantos de Peregrinación” que permanecerá na cidade ata o vindeiro 5 de abril.

Lugo recibe a mostra “Música de Pedra e Cantos de Peregrinación” que permanecerá na cidade ata o vindeiro 5 de abril.

Día 21 de marzo de 2011. 10.00 hras. Biblioteca Nodal de Lugo. Comezamos a montar a exposición “Música de pedra e cantos de peregrinación”. Catro horas máis tarde, a nosa misión está cumprida. Os habitantes de Lugo poden gozar agora desta mostra itinerante que estamos a levar polas principais cidades galegas.

Un total de 17 instrumentos compoñen esta exposición. Trátase de 17 instrumentos, réplicas todos eles das pezas que podemos atopar en fontes iconográficas tan famosas como O Pórtico da Gloria, o Pazo de Xelmírez ou as Cantigas de Santa María. E nesta ocasión, a mostra non podía estar máis vinculada á cidade que a acolle pois a maioría de instrumentos foron reproducidos no obradoiro do Centro de Artesanía e Deseño que dirixe o luthier Luciano Pérez na capital lucense. Entre eles atopámonos pezas de gran valor como zanfonas, vihuelas, fídulas ou o protagonista indiscutible: O Organistrum. É un peculiar instrumento, do que só hai dous exemplares. Un deles, que puidemos reproducilo grazas a que o Mestre Mateo o tallou no Pórtico da Gloria, pertence ao Grupo de Música Antiga Martín Códax e é a peza que acapara máis miradas. A súa peculiaridade: debe ser tocado entre dúas persoas.

Pero para os que acudan á mostra non só encontrarán os instrumentos. A Universidade de Santiago de Compostela cedeunos o Códex Calixtinus e as Cantigas de Santa María, que xunto co Pergameo Vindel e unha serie de cadros cedidos polo Xacobeo, completan a exposición.
E por último, a guinda do pastel. Para os que se perderan o concerto que O Grupo de Música Antiga Martín Códax deu no Círculo das Artes de Lugo para inaugurar a exposición, aínda lles queda unha oportunidade de ver un dos seus espectáculos. E é que, na Biblioteca Nodal de Lugo se proxecta continuamente o concerto que deron o pasado verán na Catedral de Santiago e ao que acudiron máis de 400 persoas.

“Música de pedra e cantos de peregrinación” estará ata o próximo 5 de abril na Biblioteca de Lugo e espérase que teña un gran número de visitas que se sumarán ás máis de 100.000 persoas que xa gozaron da exposición noutras capitais galegas.

Animámosvos a todos os lucenses e turistas que estes días estean pola cidade a visitar a exposición, que non deixará indiferente a ninguén. Ademais, aproveitamos para dar as grazas dende aquí á USC e ao Xacobeo pola súa colaboración e a Marisol González Regal, directora da Biblioteca Nodal de Lugo e que en todo momento se mostrou encantada de axudarnos coa iniciativa. E nós, encantados de apoiar a cultura galega!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario