NeThinking: encontros noutra dimensión.

16 de Decembro de 2009

A Illa de San Simón organiza o encontro de bloggers Nethinking, como un dos primeiros actos no que Bodegas Martín Códax é socio colaborador.

 

A Illa de San Simón organiza o encontro de bloggers Nethinking, como un dos primeiros actos no que Bodegas Martín Códax é socio colaborador.

 

Que fan xuntos personaxes como Nacho Vigalongo, director de cine, Eva Hache, presentadora e cómica, Nacho de la Fuente, community apoderado de La Voz de Galicia ou Julián Hernández, líder do grupo Siniestro Total?
Pois moi sinxelo. Isto é #NeThinking, o primeiro encontro de bloggers que tivo lugar na Illa de San Simón-Illa do Pensamento e que ademais dos que acabamos de citar invitou xornalistas destacados como Carmela Ríos, Manuel Gago, Valentín Alejandro Martínez, Francisco Campos Freire, Marilin Gonzalo e Juanjo Amorín. Mario Tascón, Ismael o -Qudsi, José Jimenez Moltó e Javier Pedreira Wicho son outros exemplos de bloggers que tamén acudiron á cita. En total, 19 persoas participaron neste evento, que en tan só unhas horas logrou coarse entre os trend topics de Twitter. Todo un logro.
Dous días foron os que pasaron na Illa de San Simón debatendo o novo panorama que rodea á comunicación e a importancia das novas redes sociais e a súa capacidade de difusión. Ao final, estaban todos esgotados. Por iso, cando lles contamos a nosa idea, mostráronse encantados Así que alí nos fomos, viño en man, dispostos a ofrecerlles unha cata coa que puideron coñecernos un pouco máis e na que moitos descubriron nosas grandes xoias.
Un primeiro encontro dos moitos que terán lugar na Illa de San Simón e nos que Martín Códax estará presente!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario