Os Xoves de Códax

31 de Maio de 2019

VIII Edición

VIII Edición

caebcera-09

Chega a VIII edición do ciclo de concertos “Os Xoves de Códax”! Un esperadísimo evento, que reúne a artistas galegos de renome e outros do panorama nacional e internacional, para mostrar diferentes proxectos nos que tradición e fusión son os protagonistas.

Fredi Leis será o encargado de inaugurar esta oitava edición que contará cun total de sete concertos, divididos entre propostas de autor e propostas de bandas, que intercalarán ritmos de folk galego, jazz, salsa, rumba, rock, electrónica, etc.

Como é costume, os concertos celebraranse os xoves dos meses de xullo e agosto a partir das 20.30 horas na nosa terraza, contorna privilexiada que permitirá gozar da mellor música coa posta de sol única das Rías Baixas, todo iso aderezado coas douradas notas do albariño.

Para os interesados en asistir aos concertos do ciclo poranse á venda un total de 400 entradas na tenda da páxina web de Adegas Martín Códax (www.martincodax.com). A partir do martes 4 de xuño ás 12.00 horas poderán comprarse as entradas para os concertos do mes de xullo, mentres que para os concertos de agosto haberá que esperar ao martes 2 de xullo, tamén ás 12.00 horas, para facerse con elas.

As entradas terán un prezo de 15 euros e os beneficios recadados no ciclo serán destinados a entidades benéficas da zona, como parte do compromiso da adega para coa comunidade galega.

FECHAS ARTISTAS
4 de julio Fredi Leis
11 de julio Zenet e Najla Shami
18 de julio Yumi Gipsy Band e Moisés Fernández
1 de agosto Sonia Lebedynski
8 de agosto  Abe Rábade e Salvador Sobral
15 de agosto Kiko Veneno e Baiuca
22 de agosto Gallaecia Small Band

Sobre Fredi Leis – Pop:

Unha das figuras máis poderosas do panorama musical actual galego, presenta o seu último traballo, nun potentísimo directo onde a autoría da palabra e a música expresan un universo único. Intérprete, músico e compositor autodidacta compostelán, postúlase como unha das novas promesas da canción de autor renovada. En 2017 comezou a traballar no seu novo disco, producido por Juan de Dios (Amaral, Pereza, Xoel López).

Najla e Zenet – Canción de autor:

En contadas ocasións temos a oportunidade de ofrecer unha combinación tan poderosa e elegante como esta, dous animais escénicos como son Zenet e Najla, ofrecendo ao público un espectáculo que vai máis aló do musical. Zenet, artista multidisciplinar formado en arte dramática e recoñecida na actualidade con multitude de premios, entre eles o Premio da música ao Artista revelación 2009 e premio ao mellor disco de Jazz. E Najla representa en Galicia unha das propostas máis orixinais e elegantes do panorama musical galego. ¨Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositora galego-palestina. Un álbum repleto de luz e feminidade.

Yumi Gipsy Band + Moisés Fernández – Rumba catalá:

Prepárate para bailar até fundir a sola dos zapatos, chegan a Martín Códax os xitanos máis salseros e poderosos da península acompañados polo noso gran artista xitano Moisés Fernández. Yumitus, fillo de xitanos, sobriño de Peret, aos 16 anos xa compartía escenario con Gato Perez. Foi o primeiro xitano en introducir o rap nas súas composicións, levando a rumba a outros escenarios musicais como fai nesta ocasión coa salsa cubana.

Moisés Fernández, o noso gran xitano compostelán, debuta no flamenco con 15 anos, en percusión, co caixón flamenco, e desde entón non parou de tocar e formar grupos flamencos en Galicia. Músico e director artístico, compartiu escenario con artistas como Juan José Suarez “El Paquete” ou Josemi Carmona.

Sonia Lebedynski – Folk:

Nesta edición a terraza de Martín Códax ten o pracer de presentar o primeiro traballo en solitario de Sonia Lebedynski, “Deserto de Centos”. Unha das referencias máis importantes do folk galego. A súa versatilidade interpretativa levouna a formar parte de propostas musicais en grao sumo diversas ao longo dos anos.  Gañadora do Premio Martín Códax dá Música 2017, na categoría de Canción de Autor, presenta ese álbum, onde funk ou pop conviven con músicas de corte máis tradicional e co folk.

Abe Rábade + Salvador Sobral – Jazz/Cantautor:

Dous titáns no escenario de Códax; Abe Rábade e Salvador Sobral fusionan os seus proxectos, para facernos vivir unha desas noites que quedaran no rexistro da memoria con gusto a talento e felicidade. Abe Rábade é un dos músicos galegos de jazz máis internacionais e de maior difusión. Compositor e docente, ademais dirixe desde 1996 un trío de jazz acústico, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Salvador Sobral é, sen dúbida, unha das promesas da música de autor portuguesa. Dáse especialmente a coñecer tras o seu éxito no Festival de Eurovisión, onde, representando a Portugal, gañou coa fermosa balada “Amar pelos dois”.

Kiko Veneno + Baiuca – Rock/Electrónica:

Por suposto que botábamos de menos a Kiko Veneno, o que non nos imaxinábamos era poder presentalo cun espectáculo de fusión cun músico galego como Baiuca. Kiko Veleno leva máis de 40 anos compoñendo cancións para si mesmo e para outros artistas, creando algúns dos discos máis importantes para entender a música española. Presentará o seu novo traballo “Sombrero Roto”, un disco rítmico e alegre, no que os ambientes sonoros teñen mesmo cadencias electrónicas. Un diálogo entre a Galicia do pasado e a do futuro, iso é o que Baiuca consegue proxectar coa súa música, que usa samplers de instrumentación tradicional, pero pasado polo filtro dunhas bases que se moven entre o techno, o global bass ou as insinuacións da música house.

Gallaecia Small Band – Swing/Big bands:

Sons doutros tempos chegan á terraza, da man da marabillosa big band Gallaecia Small Band. Músicos de gran renome dentro do panorama musical galego, xunto con dúas voces das máis elegantes, preséntannos unha proposta cun son explosivo. Unha big band doutros tempos, en pequeno formato, con dous cantantes que se adaptan a calquera tipo de repertorio e que renden homenaxe á música de antes: Standards, Swing, Chachachás, Boleros, etc.

    1. Buenos días. Lo lamentamos, todas las entradas están vendidas. Se agotaron minutos después de ponerse a la venta. Podemos sugerirle que esté atento a nuestro Facebook, ya que haremos un sorteo de una entrada (para dos personas), para cada concierto. Puede suscribirse también a nuestro boletín, para que lo mantengamos informado de las novedades. Muchas gracias.

    1. Buenos días. Las entradas de agosto fueron puestas a la venta el 2 de julio, a las 12h y se agotaron en minutos. Podemos sugerirle que esté atenta a nuestro Facebook, ya que haremos un sorteo de una entrada (para dos personas), para cada concierto. Lo lamentamos. Puede suscribirse a nuestro boletín, para que la mantengamos informada de las novedades. Muchas gracias.

Deixa una resposta a alicia bará Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario