Público e crítica otorgan o ouro a Marieta

23 de Maio de 2013

Os viños de Bodegas Martín Códax suman recoñecemento nos concursos.

Os viños de Bodegas Martín Códax suman recoñecemento nos concursos.

O primeiro albariño semiseco de Rías Baixas, Marieta 2012, elaborado por Bodegas Martín Códax, recibiu senllas medallas de ouro no concurso Baco Joven 2013. A primeira, outorgáballa o xurado oficial, formado por membros da Asociación de Sumilleres de Málaga e Costa do Sol, por profesionais de reputación do sector e xornalistas especializados, e a segunda chegaba por parte do xurado non profesional, composto por público e consumidores, recibindo así o máximo galardón do Premio Especial do concurso. Trátase dun recoñecemento moi importante xa que son os propios consumidores os que votan o viño.

Ademais, no mesmo concurso tamén foron galardoados o albariño Alba Martín 2012, cunha medalla de ouro e o mencía que elaboran no Bierzo, Cuatro Pasos 2011, cunha medalla de prata.
O concurso Baco Joven 2013 foi organizado pola publicación online especializada Diario de Vinos e celebrouse o 15 de maio en Málaga, no transcurso do evento Actus Vimun. Esta foi a súa primeira edición.

Pero os recoñecementos non finalizan aquí. Esta mesma semana facíanse públicos os resultados do concurso Decanter World Wine Awards, celebrado en Londres. Nel, os viños elaborados por Bodegas Martín Códax recibiron un total de 6 medallas: catro de bronce para Martín Códax 2012, Burgáns 2012, Organistrum 2010 e Alba Martín 2012; e dous de prata para o mencía novo Pizarras de Otero 2012 e o albariño Caixas 2012 elaborado pola adega para unha das principais cadeas de venda de viños en Reino Unido, Majestic Wines.

O Decanter World Wine Awards celebraba a súa décima edición e a el presentáronse máis de 14.000 viños. O concurso adquiriu admiración internacional por ser provedor dunha fonte comprensiva e autoritaria de recomendacións para todos, dende os que inician o mundo do viño ata os máis experimentados entusiastas. O éxito dos DWWA débese en boa medida ao respecto outorgado pola industria do viño a nivel internacional. O xurado estivo composto por 30 dos mellores padais do mundo do viño, incluíndo comerciais, sumilleres, críticos, escritores, Masters of Wine e Máster Sumillers.

En total, no que vai de ano e a falta de coñecer os resultados de novos certames, os viños de Adegas Martín Códax suman xa 30 distincións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario