A colleita 2018 do noso albariño Martín Códax cultivou o seu primeiro galardón! Nada menos que un ouro no International Awards Virtus Lisbon 2019, un recoñecido concurso a nivel internacional.
International Awards Virtus é un concurso itinerante de marcado nivel internacional, e que este ano tivo a súa sede en Lisboa. Neste concurso -xulgado por un panel de catadores formado por profesionais do mundo do viño, na súa maioría enólogos e enólogas, procedentes de Francia, España, Portugal, Brasil, Italia, China e Uruguai – , búscanse bodegas e bodegueiros que poñan a súa ciencia e o seu corazón no seu traballo, traducíndoo en calidade e éxito.
Nesta edición participaron un total de 403 referencias de viños, divididos nas categorías de brancos, tintos, espumosos, xenerosos espirituosos e AOVE (aceite de oliva virxe extra), procedentes de nove países diferentes: España, Portugal, Chile, Brasil, Italia, Uruguai, Alemaña, Francia e China.
Concretamente na categoría de viño branco, presentáronse un total de 98 referencias, e entre as premiadas escolleu a Martín Códax 2018, que se fixo nada menos que cunha medalla de ouro. Trátase do primeiro galardón co que se fai a nova colleita do noso albariño, á que o jurado describiu como “educación nun vaso”, e que sairá ao mercado nas próximas semanas.
O vindeiro venres 26 de abril asistiremos á entrega de premios que se realizará en Madrid no transcurso dunha cea gala no Hotel Wellington.
Enhorabuena por el premio conseguido, pues es un vino extraordinario para mi paladar, suelo beberlo con marisco y es una delicia, saludos
¡Muchas gracias por tus felicitaciones Julián, y por ser fiel a nuestros vinos! Un saludo.