Un ouro en International Virtus, primeiro galardón para Martín Códax 2018

11 de Abril de 2019

International Virtus é un concurso itinerante que recoñece a calidade do traballo das bodegas

International Virtus é un concurso itinerante que recoñece a calidade do traballo das bodegas

Premios Virtus

A colleita 2018 do noso albariño Martín Códax cultivou o seu primeiro galardón! Nada menos que un ouro no International Awards Virtus Lisbon 2019, un recoñecido concurso a nivel internacional.

International Awards Virtus é un concurso itinerante de marcado nivel internacional, e que este ano tivo a súa sede en Lisboa. Neste concurso -xulgado por un panel de catadores formado por profesionais do mundo do viño, na súa maioría enólogos e enólogas, procedentes de Francia, España, Portugal, Brasil, Italia, China e Uruguai – , búscanse bodegas e bodegueiros que poñan a súa ciencia e o seu corazón no seu traballo, traducíndoo en calidade e éxito.

Nesta edición participaron un total de 403 referencias de viños, divididos nas categorías de brancos, tintos, espumosos, xenerosos espirituosos e AOVE (aceite de oliva virxe extra), procedentes de nove países diferentes: España, Portugal, Chile, Brasil, Italia, Uruguai, Alemaña, Francia e China.

Concretamente na categoría de viño branco, presentáronse un total de 98 referencias, e entre as premiadas escolleu a Martín Códax 2018, que se fixo nada menos que cunha medalla de ouro. Trátase do primeiro galardón co que se fai a nova colleita do noso albariño, á que o jurado describiu como “educación nun vaso”,  e que sairá ao mercado nas próximas semanas.

O vindeiro venres 26 de abril asistiremos á entrega de premios que se realizará en Madrid no transcurso dunha cea gala no Hotel Wellington.

VIRTUS_ORO_MC_MEDALLA ORIGINAL

Deixa una resposta a Julián Azcutia Martínez Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario