Esta Semana Santa, ven visitarnos

09 de Abril de 2019

Consulta as experiencias enoturísticas dispoñibles para as próximas vacacións

Consulta as experiencias enoturísticas dispoñibles para as próximas vacacións

Estás a buscar plan para esta semana Santa? Propoñémosche que te achegues á nosa bodega e descubrir o encanto das Rías Baixas connosco! E para iso poñemos á túa disposición un catálogo especial con diferentes experiencias enoturísticas para que goces dos días libres coñecendo o mundo do viño e á cultura vitivinícola do Val do Salnés.

Durante eses días de vacacións celebraremos pases de dúas das experiencias máis emblemáticas e demandadas da bodega, a visita Martín Códax Lías e Martín Códax O Trobador. A través delas os asistentes coñecerán o proceso de elaboración do viño albariño e gozarán dunha experiencia sensorial olfativa para rematar degustando algúns dos nosos viños acompañados de queixos galegos.

Ademais, tamén celebraremos dúas experiencias enoturísticas do de máis éxito do calendario de As Tardes do Atlántico, actividade enoturística estrela da terraza da bodega durante o verán de 2018. Viño&Conservas e Viño&Empanada serán as experiencias que se celebrarán tamén durante a Semana Santa, nas que os asistentes poderán coñecer máis sobre a tradición vitivinícola da zona á vez que acompañan tres dos nosos viños con bocados únicos elaborados con produtos e por produtores da zona.

Podes consultar toda a información sobre o catálogo de experiencias dispoñibles e a venda de entradas escribindo un correo electrónico a enoturismo@martincodax.com ou chamando ao 986 52 60 40.

A continuación, deixámosche o calendario dispoñible para a próxima Semana Santa.

Ven a coñecernos!

Horario galego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    26 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Angel
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario