Martín Códax faise co Premio Fulget 2018

08 de Abril de 2019

El galardón outórgao a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

El galardón outórgao a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

 WhatsApp Image 2019-04-08 at 12.30.01

Non podemos estar máis contentos! Este luns recibiamos o Premio Fulget 2018, un galardón que concede a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago (USC) co que se recoñece a nosa colaboración en accións que buscan mellorar as relacións entre a actividade académica e o entorno profesional.

O noso director xeral, Juan A. Vázquez Gancedo, foi o encargado de recoller o galardón nun  acto enmarcado dentro do programa da festividade do patrón da Facultade, San Vicente Ferrer.

A candidatura de Martín Códax presentouna  o Grupo de investigación innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE) que dirixe Xavier Vence, polo traballo en innovación e investigación, sustentabilidade e apoio á vida cultural e artística galega que se realiza dende bodega. A esta candidatura adheriuse posteriormente o Máster de Comercio Exterior (Mascomex).

Na súa intervención Juan A. Vázquez, despois de trasladar o agradecemento de todos os traballadores da cooperativa, afirmou que “destinamos gran parte dos nosos recursos á investigación e á lograr a sustentabilidade ambiental, a través de proxectos tanto propio como colectivos con outras entidades e bodegas a nivel nacional e internacional, todo para lograr adaptarnos ao cambio climático e una viticultura sostible”.

O noso director xeral tamén falou do importante que é “contar coas novas xeracións, cada vez más formadas e preparadas para dar resposta ás demandas dos consumidores”, “por iso contamos cada vez un equipo humano más novo e máis formado”, para poder adaptarnos aos cambios od mercado.

Este galardón súmase aos últimos outorgados á cooperativa, entre eles o Premio Pyme Carrefour á empresa máis innovadora de Galicia 2018, Mellor Bodega do Ano por Vivir el Vino 2018, Mellor Grupo Cooperativo pola guía Sin Mala Uva 2016, e Mellor Xestión en I+D+i 2016 outorgado polos Premios Empresariais da publicación especializada Mercados del Vino y la Distribución.

Premio Fulget

O Premio Fulget é un galardón de periodicidade anual que concede a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC dende o ano 2008. A comisión de Actividades Complementarias á Docencia (ACD) da Facultade, encabezada pola vicedecana de Relacións coas Empresas e Institucións, María Rosario Vidal Lopo, e composta tamén por dous representantes do profesorado, un estudante e un representante do PAS, é quen escolle a candidatura gañadora, que logo é ratificada pola Xunta da Facultade.

Dende a súa creación, o premio foi concedido a empresas como Finsa ou Televés, entre outras, sendo este o segundo ano consecutivo que outorgan este recoñecemento a unha cooperativa, despois de premiar a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) na pasada edición.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    26 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Angel
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario