Martín Códax aposta polo emprendemento no Business Factory Food

01 de Abril de 2019

Juan A. Vázquez Gancedo, director xeral da bodega, é un dos mentores do programa

Juan A. Vázquez Gancedo, director xeral da bodega, é un dos mentores do programa

BFFood

Foto: Business Factory Food

Se buscas crear a túa propia empresa ou estás a empezar a túa actividade empresarial, segue lendo! Actualmente participamos como empresa  tractora no  Business Factory  Food, a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia da industria alimentaria, entre elas Bodegas Martín Códax.

O Business Factory  Food é un programa de apoio integral no sector alimentario que está enfocado a promover proxectos innovadores de emprendemento, tanto a nivel nacional como internacional. Pode tratarse tanto de proxectos que están a dar os seus primeiros pasos -que englobarían nun programa de aceleración de 9 meses de duración – como de empresas xa constituídas cun servizo definido e que xa están activas no mercado -e que participarían no programa de consolidación, cunha duración de 12 meses-.

Os retos aos que fai fronte o programa son sete: dixitalización e automatización; calidade e seguridade alimentaria; sustentabilidade e packaging; comercialización; desenvolvemento de novos produtos;  trazabilidad e loxística; innovación sector alimentario. Os participantes terán á súa disposición a un total de oito mentores referentes no sector e membros das empresas que participan en proxecto, entre os que se atopa o noso director xeral, Juan A. Vázquez Gancedo

Os interesados que desexen inscribir o seu proxecto emprendedor no programa poderá facelo ata o 16 de maio de 2019.

Consulta toda a información na web: www.bffood.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario