¡VOLVEN OS XOVES DE CÓDAX!

28 de Xuño de 2022

Este ano celebrase a IX edición dos recoñecidos Xóves de Códax

Este ano celebrase a IX edición dos recoñecidos Xóves de Códax

¡Os Xoves de Códax están de volta! A IX edición de este esperadísimo ciclo de concertos reúne a diferentes artistas, no que xúntanse diversos proxectos nos que a tradición e fusión son os grandes protagonistas.

O santiagués Moisés Fernández, acompañado de Josemi Carmona e Los Hijos del Agobio e Paquete, será o encargado de inaugurar esta novena edición que contará cun total de cinco concertos, divididos entre propostas de autor e propostas de bandas, que mezclarán ritmos de folk galego, flamento, indie, rock, electrónica, etc.

Como nas pasadas ocasións, os concertos celebraranse os xoves, dende o 21 de xullo ó 18 de agosto, a partir das 20:30 horas na nosa terraza, un entorno privilexiado no que gozar dos atardeceres únicos que ofrecen as Rías Baixas, e degutando viños da adega.

É importante destacar o compromiso social de estes eventos e que a recadación de cada un dos concertos de cada Xoves terá asinada unha ONG. Ó longo das oito edicións celebradas ata agora, os ciclos de “Os Xoves de Códax” recaudaron máis de 150.000 euros, que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias de Galicia.

Para asistir a cada un dos concertos do ciclo será necesario adquirir a entrada na páxina web da Bodega Martín Códax (www.martincodax.com). A partir do próximo 30 de xuño ás 12:00 horas xa se poderán mercar as entradas dos cinco concertos, tanto os de xullo como os de agosto. Se poñerán á venda un total de 350 entradas por concerto e a compra estará limitada a 4 entradas máximo por persona para cada un dos concertos. O aceso ós concertos estará prohibido a todos os menores de idade.

As entradas terán un prezo de 25 euros e os beneficios recadados no ciclo destinaranse a entidades benéficas da zona, como parte do compromiso da adega coa comunidade galega.

Moisés Fernández + Josemi Carmona & Los Hijos del Agobio + Paquete – Flamenco

Referencia galega no mundo do flamenco, Moisés Fernández, ademais membro do grupo Tacón Gitano, colaborou con artistas de renome coma Jorge Pardo, Juan José Suárez el Paquete, Ricardo Moreno, Alba Molina, Falete, Ramón Porrina, Josemi Carmona, Kiki Morente, Arcángel, Azúcar moreno, José Del Tomate, Pablo Martín Caminero, Diego De Morao, entre outros.

“Josemi Carmona y Los Hijos del Agobio” é unha proposta que, co inconfundible selo Carmona – raíz, modernidade, fusión-, aposta pola improvisación e por congregar ó público na pista de baile, para o que conta cun ecléctico repertorio que vai dende versións de Alejandro Sanz, Jeros ou Caetano Veloso, ata composicións do propio Josemi.

Paquete, recoñecido guitarrista nado en Madrid, descendente da familia dos Porrina, que formou o grupo “La Barbería Del Sur” con Enrique Heredia en 1991 e que actuou ó longo da súa carreira con artistas de moi diversas características.

Uxía Senlle + Javier Ruibal + Pedro Guerra – Canción de autor

Este concerto de Xoves de Códax será unha sesión especial De tu casa a la mía, un retrato musical de dous poetas universáis, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer alas á poesía de ámbolos dous autores. Uxía Senlle e Xavier Ruibal serán os encargados de dotar de novas melodías a estes poemas, a través dos que nos farán coñecer máis en profundidade a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ó escribir os Seis poemas gallegos. Editados en 1935, inclúen un canto de berce no que, diante da súa sepultura, o poeta chama a Rosalía a erguirse.

Estes dous artistas estarán acompañados polo cantautor canario Pedro Guerra, quen pouca presentación necesita. Guerra é un dos compositores máis recoñecidos do panorama musical que compuxo e colaborou con artistas como Silvio Rodríguez, Fito Páez, Víctor Manuel e Ana Belén.

Xabier Díaz e Antia Muíño – Folk/tradicional

Xabier Díaz y Antía Muíño ofrecerán un concerto único e especial. Unha conversa entre dúas xeracións moi diferentes e afastadas no tempo, que se atopan para mirar á canción como fórmula e como xénero, e que dialogan dende a complicidade intentando acortar esa distancia xeracional.  Os dous artistas comparten a querenza pola canción no seu sentido máis acústico, facilitando a conexión e o encontro.

Estarán acompañados de extraordinarios músicos, dous dos ilustres que acompañan habitualmente a Xabier Díaz, Roberto Grandal e Iván Costa, e Guillerme Fernández, con quen Xabier tivo o pracer de compartir varios proxectos como Berrogüeto, Arrolos de Salitre, o seu primeiro disco Músicas de Salitre, ou mesmo A cada canto con Guadi Galego e Xose Lois Romero. Pola parte de Antia súmase o seu parceiro habitual, Miguel Arribas, un excelente safoxonista.

Pablo Lesuit + Jenny and The Mexicats – Música independente/Rockabilly

Esta xornada está pensada para que non quedarse quieto na cadeira e gozar de forma divertida da velada co galego Pablo Lesuit e a banda Jenny and the Mexicats.

Pablo Lesuit consagrouse como un músico multi- instrumentista, cantante e compositor galego destacando na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independiente. A súa música non entende de fronteiras ou etiquetas; libre, viaxa por intensas paisaxes nas que a poesía das súas letras combínanse con doses de percusión, guitarras e samplers.

Pablo Lesuit invitará a Jenny and The Mexicats, que voltan ós Xoves, a esta xornada. Unha fantástica banda multicultutal que reúne a Jenny (inglesa), Icho e Pantera (mexicanos), para crear perfectos ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae que aderezan con cálidas sonoridades latinas.

Eladio y los Seres Queridas + Las Antonias – Indie pop

Non hai mellor broche de ouro de esta IX edición dos Xoves que contar coa banda xa consagrada de Eladio y los Seres Queridos e as divertidas Las Antonias.

Con máis de 15 ano de carreira con 6 discos e xiras nacionais e festivais, Eladio y los Seres Queridos son unha das bandas máis estables do panorama musical español, sempre fieis ó seu particular estilo. Las Antonias é unha banda femenina que se define como “perfectas destripadoras de boleros e outras delicias dos anos 50 e 60”, principalmente. Cambian os conceptos machistas que móstranse na maioría de estes temas, utilizando a retranca coma arma de transformación masiva. Na súa proposta inclúen un curso acelerado entre tema e tema para animar ao público a ser un/ ha Antonio / a.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario