O pasado luns día 9 de decembro tivo lugar en Madrid a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Xogadores de Baloncesto do Real Madrid. Ao finalizaren dita reunión, celebrouse unha cea que convocou a unha interminable lista de históricos xogadores do clube branco como Corbalán, Rullán, Emiliano, Ramos, Beirán, Brabender, Iturriaga, Luyk, Angulo, Romay, Llorente, Villalobos, Arlauckas o Antúnez, entre outros… e na que destacou a presencia de Felipe Reyes, capitán do primeiro equipo e novo membro da asociación. Unha cea, maridada con noso albariño Martín Códax, que será para lembrar.


