Revalidamos a nosa certificación en sustentabilidade SWfCP mellorando a nosa puntuación

Noticias

Renovamos o selo Sustainable Wineries for Climate Protection, o estándar de sustentabilidade do sector vitivinícola. Un paso máis que reflicte o noso compromiso diario co territorio, o viñedo e as persoas.

En Adegas Martín Códax entendemos a sustentabilidade como unha forma de traballar e de coidar aquilo que nos rodea. Por iso alégranos compartir que superamos con éxito a recertificación do selo Sustainable Wineries for Climate Protection (SWfCP), o estándar de sustentabilidade de referencia para o sector vitivinícola impulsado pola Federación Española do Viño (FEV) co apoio técnico de AENOR.Ademais, nesta nova avaliación melloramos a nosa puntuación, un resultado que reflicte o traballo constante que realizamos para integrar prácticas sostibles en todas as áreas de nosa actividad.la forma de entender o noso proyectoPara nós, a sustentabilidade non é só unha certificación. É a forma de entender o noso proxecto e de tomar decisións cada día: desde como traballamos o viñedo ata como nos relacionamos coa nosa contorna, os nosos provedores, os nosos clientes e a comunidade que forma parte deste territorio.

O selo SWfCP permite avaliar de xeito rigoroso e verificable o desempeño das adegas en distintos ámbitos: medioambiental, social, económico e de gobernanza, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Grazas ao seu sistema de auditorías externas, garántese ademais a transparencia e a mellora continua dentro do sector.

Un logro de todo o equipo

Se algo temos claro é que este avance non sería posible sen as persoas que forman parte de Martín Códax.

Superar esta recertificación e facelo ademais mellorando os nosos resultados é un reflexo do compromiso colectivo de todo o equipo, que traballa día a día para que o noso proxecto siga crecendo de forma responsable.

Mirando o futuro coa mesma filosofía

A certificación SWfCP baséase nun modelo de mellora continua, o que nos impulsa a seguir avanzando e a expornos novos retos en materia de sustentabilidade.

Con esta recertificación mantenemos nuestro compromiso con un crecimiento responsable, fiel a nuestro origen cooperativo y a los valores que nos han acompañado desde el principio: el respeto por la tierra, la innovación y la voluntad de generar un impacto positivo en nuestro entorno.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed