De cordas, tubos e teclas

Noticias

Os amantes da música barroca teñen unha cita o vindeiro sábado 15 de febreiro na igrexa compostelá "Real Capela dás Ánimas", que acollerá un concerto organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Baixo o título "De cordas, tubos e teclas", as 16 persoas que compoñen o proxecto "Música acordada: acordes, cordas e acordos", interpretarán un total de seis temas dos séculos XVII e XVIII.

Trátase do primeiro dos concertos do ciclo que organiza o Conservatorio de Santiago e cos que colaborará Bodegas Martín Códax na súa firme aposta pola cultura e a música galega.

Como antesala a este concerto, o auditorio do conservatorio contaba coa presenza o pasado 5 de febreiro do profesor Jose Antonio Souto Cabo que ofreceu unha conferencia sobre Martín Códax dentro do ciclo "Poesía na Música" e que tamén se acompañou coa música de diferentes colaboradores e colaboradoras que interpretaron catro cantigas do poeta protagonista da charla.

 

 

 

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed