Showcookings de Códax. Cociña en vivo.

Noticias

O pasado 9 de novembro, Día Europeo do Enoturismo, comezaba o ciclo dos Showcookings de Códax coa cociña en directo do afamado xefe de cociña galego Pepe Solla.
Coas entradas esgotadas en tan só tres días e o bo gusto desta Estrela Michelín, o éxito estaba asegurado.

Solla cociñou en directo cinco pratos que maridaron con cinco dos nosos viños. Entre eles, Martín Códax Vindel, o noso novo albariño; un viño único e sorprendente procedente dunha viticultura extrema. Un 100% albariño cuxa uva é sometida a unha sobremaduración prolongada e extraida dunha vendima seleccionada.

O menú quedou do seguinte xeito:

  • Ceviche cremoso de navallas e millo, maridado con Martín Códax 2013
  • Bonito con sopa de tomates e aromáticas, maridado con Martín Códax Lías 2011
  • Vieira green tallarín, maridada con Organistrum 2012
  • Peixe en salsa verde de algas, maridado con Martín Códax Vindel 2012
  • Ovo frito que non fritimos, maridado con Martín Códax Gallaecia 2011

Como sorpresa final, Torta de Santiago con Licor Café Martín Códax.
Queres ver como foi o evento? Non che perdas o noso vídeo.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed