Inés Abril

Noticias

Todo o bo acábase e, ao igual que unha gran comida, Os Showcookings de Códax tamén chegaron ao seu fin.

Foi a chef do restaurante vigués Maruja Limón, Inés Abril, a encargada de pechar a cuarta edición deste ciclo de cociña.

Volta aos sabores tradicionais da terra, non sen sorpresas polo camiño. O menú que propuxo Inés estivo baseado no produto galego combinado con sabores arriscados. E demostrounos que a carne tamén pode ir antes do peixe. Rompindo mitos!

  • Perdiz bermella de tiro escabechada sobre pan de millo “a modo ceviche” para abrir o menú co noso albariño Martín Códax.
  • Vieira asada, roial de noz moscada e noz de macadamia foi a segunda proposta de Inés Abril que combinaba perfectamente coa untuosidad de Martín Códax Lías.
  • Xurelo de anzol no seu xugo tostado e afumado das súas espiñas e tomate marinado; maridaxe elexido para Organistrum e que, en palabras da nosa enóloga Katia Álvarez, era un “cabalo gañador”.
  • Bacallau confitado, allo negro e a seu snack-pel harmonizado con Martín Códax Vindel.
  • Falsa trufa de outono para terminar con Martín Códax Gallaecia.

O revivimos?

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed