Martín Códax, medalla de prata en Bacchus 2017

Noticias

Martín Códax Bacchus

Máis noticias para celebrar! Medalla de prata para Martín Códax na última edición dos Premios Bacchus, a gran cita española do mundo do viño organizada pola Unión Española de Catadores.

Martín Códax, referente da D.O. Rías Baixas, conseguiu destacar entre os máis de 1.700 viños participantes no certamen. O selecto xurado, composto por 85 membros, estivo dirixido por 14 Master of Wine, pertenecentes ás principais cadeas europeas de distribución, responsables de compras dos monopolios de Noruega e Finlandia, así coma importadores de países asiáticos.

Ademais de españois, ao concurso presentáronse viños procedentes de Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Chile, Eslovaquia, Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Hungría, Italia, México, Perú, Portugal, Principado de Andorra, República Checa, Rumanía, Túnez, Turquía e Uruguay.

Bacchus é o único certamen avalado en España por dous selos vinícolas internacionais como son a Organización Internacional da Viña e do Viño (OIV) e a Federación Mundial de Grandes Concurso de Viños e Espirituosos (Vinofed), ademais de polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed