Arrancan os V Premios Martín Códax da Música

Noticias

premios

Xa están aquí! Volven os Premios Martín Códax da Música na que será xa a súa quinta edición.
Non podemos estar máis orgullosos de camiñar xuntos nesta iniciativa promovida por Músicos ao Vivo!
A nova edición, foi presentada o pasado xoves 1 de marzo na librería Numax de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que se abrían as inscricións.
No evento, a nosa directora comercial e de marketing, María Garrido, deixou claro o especial agarimo que nos une a este proxecto, co que crecemos conxuntamente. “Sentimosnos moi preto desta iniciativa de Músicos ao Vivo, con quen compartimos a filosofía de cooperativismo”, explicou.
Jacobo Sutil, director de Agadic, e Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, ambos os dous patrocinadores destes premios, resaltaron a variedade de proxectos representados neste certame que mostra que Galicia é unha potencia musical.
Non podía faltar o calendario das datas craves desta edición, que trouxo Ramón Bermejo, portavoz de Músicos Ao Vivo:
1 de marzo-18 de marzo: Prazo de inscricións
19 marzo – 8 abril: Primeira rolda de votacións
18 de abril: Festa de finalistas
19 abril – 6 de maio: Votación do xurado
9 de maio: Gala de entrega de Premios en Pazo da Cultura.

 

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed