
Xa están aquí os premios da música galega! Xa están aquí os Premios Martín Códax dá Música!
A compostelá Sala Riquela foi o lugar escollido para presentar a sexta edición destes premios que promove a Asociación de Músicas ao Vivo e que buscan dar visibilidade e poñer en valor o sector musical de Galicia.
A partir do 1 de marzo e ata o día 17 do mesmo mes, podes inscribir o teu proxecto vía web a través desta ligazón e optar a facerte cun dos galardóns aos que aspiran os candidatos a estes premios, repartidos en 15 categorías, tres Premios Organistrum e un Premio Honorífico á carreira dun/a músico/a galego/a.
A presentación contou coa presenza de Xabier Mera, voceiro de Músicas ao Vivo, quen deu as claves desta sexta edición dos premios e explicou que estes “continúan construíndo pontes para tratar de unir a todas as familias musicais galegas, fieis ao seu obxectivo de traballar para lograr uns premios de todos”.
Pola parte institucional asistiu Jacobo Sutil, director de AGADIC, quen destacou que a continuidade e relevancia dos Premios Martín Códax da Música vai en paralelo á crecente dinámica de servizo e de conciencia colectiva que está a conseguir Músicas ao Vivo, que está a realizar “accións moi importantes de ordenación e dinamización profesional do sector”.
O acto contou tamén coa presenza de Xosé Leal, responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, quen afirmou no seu discurso que estes galardóns “visibilizan un sector cultural importante no económico e o sentimental”, e que axudan a facer industria tanto dentro como fóra do país aos músicos e músicas que participan neles.
Carmen Fouces, responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, tamén interveu na presentación, na que afirmou que Galicia é unha potencia musical e estes premios son unha forma de recoller toda esa marea creativa, e apuntou tamén á importancia do galego e á voz como ferramenta para darlle un impulso a través da música.
No acto non podía faltar representación de Martín Códax. Na súa intervención, a nosa directora de Comercial e Márketing, María Garrido, destacou o orgullo que supón para toda a cooperativa formar parte destes “premios tan necesarios, que evidencian a riqueza, versatilidade e calidade do sector musical de Galicia”. Garrido tamén aproveitou para destacar o “formato colaborativo entre Músicas ao Vivo, empresa pública e privada, así como o espírito cooperativista do sector e a asociación, co que nos identificamos”.
Podes consultar toda a información sobre estes premios e inscribir o teu proxecto na web oficial www.premiosmartincodaxdamusica.gal. Pero para que non te perdas as datas máis importantes, deixámosche o calendario desta edición.
Estas son as datas que non podes perder!
1 de marzo -17 de marzo: Prazo de inscricións
18 marzo – 7 abril: Primeira rolda de votacións
24 de abril: Festa de nomeados na nosa adega
25 abril – 5 de maio: Votación do xurado
8 de maio: Gala de entrega de Premios no Pazo dá Cultura de Pontevedra
Categorías dos Premios Martín Códax dá Música
Podes presentar o teu poryecto en calquera das 15 categorías dos premios:
– Pop e Indie
– Rock
– Blues, Funk e Soul
– Metal
– Canción de Autor
– Músicas Urbanas
– Reggae, Ska e Mestizaxe
– Electrónica
– Música Clásica e Contemporánea
– Jazz e Músicas Improvisadas
– Música Tradicional e Folk
– Músicas do Mundo (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas..)
– Música Infantil
– Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena
– Coros e Música Vocal
Ademais, tamén se concederán os Premios Organistrum, cos que se recoñece o labor da industria premiando unha sala, un festival e un espazo de comunicación musical; así como o Premio Honorífico Músicas ao Vivo co que se recoñece a traxectoria dun/a músico/a galego/a.


