
A colleita 2018 do noso albariño Martín Códax cultivou o seu primeiro galardón! Nada menos que un ouro no International Awards Virtus Lisbon 2019, un recoñecido concurso a nivel internacional. International Awards Virtus é un concurso itinerante de marcado nivel internacional, e que este ano tivo a súa sede en Lisboa. Neste concurso -xulgado por un panel de catadores formado por profesionais do mundo do viño, na súa maioría enólogos e enólogas, procedentes de Francia, España, Portugal, Brasil, Italia, China e Uruguai – , búscanse bodegas e bodegueiros que poñan a súa ciencia e o seu corazón no seu traballo, traducíndoo en calidade e éxito. Nesta edición participaron un total de 403 referencias de viños, divididos nas categorías de brancos, tintos, espumosos, xenerosos espirituosos e AOVE (aceite de oliva virxe extra), procedentes de nove países diferentes: España, Portugal, Chile, Brasil, Italia, Uruguai, Alemaña, Francia e China. Concretamente na categoría de viño branco, presentáronse un total de 98 referencias, e entre as premiadas escolleu a Martín Códax 2018, que se fixo nada menos que cunha medalla de ouro. Trátase do primeiro galardón co que se fai a nova colleita do noso albariño, á que o jurado describiu como “educación nun vaso”, e que sairá ao mercado nas próximas semanas. O vindeiro venres 26 de abril asistiremos á entrega de premios que se realizará en Madrid no transcurso dunha cea gala no Hotel Wellington.



