A Festa de Finalistas dos Premios Martín Códax da Música Galega adaptase á nova normalidade enchendo as redes de encontros virtuais

Noticias

VIDEO1

Este ano, a festa de finalistas que se realiza na nosa bodega adquire un novo formato adaptado aos tempos e reconvértese en diferentes encontros virtuais cos finalistas de cada categoría conducidos por representantes de MAV.

Nestas xuntanzas “pequenas pílulas de 10 minutos”, os finalistas de cada categoría, serán presentados “nunha conversa informal e amena” e faráselles entrega de forma oficial do tradicional botellón magnum de Martín Códax. Poderán verse, a razón de unha por día, dende hoxe nas redes sociais dos Premios Martín Códax da Música e de Bodegas Martín Códax

A gala final celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro día 21 de outubro. Por razón de aforo, a gala será retransmitida en streaming a través da páxina web dos Premios Martín Códax da Música: www.premiosmartincodaxdamusica.gal

Dende os nosos fogares poderemos coñecer os galardonados das xa recoñecidas estatuíñas das e dos melómanos.

¡Moita sorte a todos/as finalistas!

aa

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed