Bodegas Martín Códax presenta a súa Edición Especial: Fragmentos de Onte

Noticias

MUPI_1200X1750_RUTH_ANDERSON_2023_Mesa de trabajo 1 copia 6

Bodegas Martín Códax inaugura en Vigo a Exposición Fragmentos de Onte, coincidindo co lanzamento da Edición Especial da súa albariño. Unha selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que afonda na vida dun pobo grazas aos relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926. Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Unha pequena gran homenaxe á tradición e a nosa orixe. Na Exposición Fragmentos de Onte, en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas e que estará aberta na sede de Afundación até o 10 de xuño, poderase ver unha mostra significativa do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson. A exposición é unha antoloxía de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro da fotógrafa americana que recolle o traballo froito da expedición que fixo a Galicia entre 1924 e 1926. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá mostrar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época. Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo… En definitiva, toda a nosa cultura popular, a través das fotografías da americana.

Showcookings, visitas e catas comentadas

A Exposición, aberta de luns a sábado de 17:30 a 20:30 horas até o 10 de xuño, será un espazo que acollerá diferentes contidos culturais, entre eles showcookings de recoñecidos cociñeiros da cidade, visitas guiadas e catas comentadas por un dos catadores de Adegas Martín Códax. Os días 3, 10 e 16 de maio e o 7 de xuño, a partir das 19:30 horas, no salón previo á terraza, celebraranse varios showcookings onde recoñecidos cociñeiros locais ofrecerán aos asistentes unha proposta gastronómica desenfadada e arraigada no territorio, cos nosos viños como coprotagonistas.

Os asistentes poderán gozar de moitos e variados estilos de cociña, onde a calidade dos produtos tradicionais de Galicia reinventados a través de elaboracións que, ademáis de respectar a materia prima, achegan notas de fusión. Estas propostas gastronómicas serán unha maridaxe perfecta e innovadora co que acompañar ás elaboracións especiais de Bodegas Martín Códax. Os días 5, 11 e 19 de maio e o 8 de xuño, a partir das 19 horas, Fragmentos de Onte poderase vivir a través dunha completa visita guiada onde, da man da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, os visitantes poderán coñecer toda a historia e detalles de todas as obras de Ruth Matilda Anderson e de como era o día a día na Galicia dos anos 20. Estas visitas culminarán cunha cata comentada dunha coidada selección das elaboracións de Adegas Martín Códax da man dun dos nosos catadores.

Toda a información da edición especial e das actividades da exposición poderá atoparse na web de Adegas Martín Códax: https://mtr.bio/bodegasmartincodax

267A9741

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed