Bodegas Martín Códax acolle o encontro Anual da PTV

Sin categoría

Cambados, designada recentemente Cidade Europea do Viño 2017, convértese o 4 e 5 de maio no epicentro da innovación do sector vitivinícola. Bodegas Martín Códax acollerá o Encontro Anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño (PTV), evento clave para osector do viño que, por vez primeira, se celebra en Galicia.

A PTV nace, en 2010, co obxetivo se situar ao sector vitivinícola nunha posición de liderazgo internacional, reunindo a tódolos axentes da cadea de valor dentro da industria do viño.

Con este fin, o 4 de maio a Comisión Técnica da PTV presentará, nas nosas instalacións, a Axenda Estratéxica da Innovación do Viño  para o periodo 2017-2020. Documento que recolle os obxetivos, estratexias e actuacións que contribuirán a definir as novas oportunidades de mercado, fomentar a colaboración público-privada e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía no sector vitivinícola.

Así, a Axenda Estratéxica suporá non solamente a base para o desenvolvemento de futuros proxetos de innovación se non tamén será clave para a sostenibilidade de moitos territorios en España, primeiro país do mundo en superficie de viñedo.

Os membros da Comisión Técnica encargados desta presentación serán Juan Vázquez (Bodegas Martín Códax), Mireia Torres (Miguel Torres, SA), Salvador Guimerá (González-Byass), Alberto Guadarrama (Bodegas Matarromera), Antonio Palacios (Laboratorios Excell) y Sergi de Lamo (VITEC).

Todas as actividades programadas no Encontro irán encamiñadas a compartir sinerxias en I+D+i, con espazos de networking e xornadas e debates adicados á importancia da innovación nomundo del viño, que se complementarán con catas técnicas.

Neste hipervínculo poderedes consultar a axenda completa.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed