A terraza de Bodegas Martín Códax volve converterse nun escenario privilexiado para celebrar o verán coa nova edición de Os Xoves de Códax, un ciclo que, ao longo de doce anos, conseguiu unir música en directo, cultura e solidariedade nun enclave único fronte á Ría de Arousa.
Esta décimo terceira edición terá lugar os días 16, 23 e 30 de xullo, e 6 e 13 de agosto, sempre ao solpor do Salnés. Cinco noites irrepetibles nas que artistas de referencia da música galega, estatal e internacional compartirán escenario para ofrecer experiencias cargadas de emoción, beleza e conexión co público.
Cinco citas para brindar con albariño, deixarse levar pola música e contribuír a unha causa maior: porque o carácter solidario segue sendo o corazón do proxecto, que xa leva recadados máis de 300.000 euros destinados a fins sociais en Galicia.
Cinco noites, cinco universos musicais:
16 de xullo: Miguel Lamas & Joaquina inauguran o ciclo cun encontro entre talento galego e unha das voces máis prometedoras da música latina actual, nunha noite marcada pola emoción e a sensibilidade.
23 de xullo: Los Estanques, El Canijo de Jerez e Pablo Lesuit protagonizan unha velada chea de psicodelia, raíces e espírito festivo, onde a liberdade creativa será a gran protagonista.
30 de xullo: Natalia Lacunza e Antía Muiño ofrecen unha das noites máis íntimas e contemporáneas, cunha proposta que transita entre o pop alternativo, a electrónica e a canción de autora.
6 de agosto: Xabier Díaz e Pasión Vega unen tradición, memoria e excelencia interpretativa nun encontro único entre dúas sensibilidades que dialogan entre o pasado e o presente.
13 de agosto: Ana Moura pecha o ciclo cunha actuación que representa a evolución do fado cara ao século XXI, combinando identidade atlántica e novas sonoridades.
Música que transforma
Desde a súa creación, Os Xoves de Códax consolidouse como unha das citas culturais máis especiais do verán galego, demostrando que a música non só emociona, senón que tamén pode transformar realidades.
Un ano máis, o ciclo convida a vivir o verán con intensidade e propósito: cinco noites de música, viño e solidariedade para celebrar o que nos une e seguir construíndo, entre todas e todos, un futuro máis xusto, sostible e orgullosamente galego.
- Entradas á venda a partir do 17 de xuño ás 12:00 h en Ticketrona
- Prezo: 30 € por concerto
- Aforo limitado
- Acceso restrinxido a maiores de idade
- Lugar: Terraza de Bodegas Martín Códax, Cambados
Este verán, ven brindar polo que nos une. Música, viño e un propósito compartido.





