ENOTURISMO

ENOTURISMO

Orixe

Visita + Degustación 2 viños Duración: 75 min – Prezo: 21€ adulto e 8€ neno

Reservar

Ondas do mar

Visita só adultos + Degustación 3 viños. Duración: 90 min – Prezo: 28€

Reservar

Mar de Fondo

Visita só adultos + Percorrido pola adega, cata especial e experiencia gastronómica – Prezo: 120€

Reservar

Terraza

CATAS COMENTADAS CON VISTAS Á RÍA DE AROUSA

A nosa terraza é un dos espazos máis especiais da adega: ao aire libre e cunha panorámica única da Ría de Arousa. É aquí onde organizamos as Cantigas, as nosas catas comentadas, deseñadas polo sumiller da casa para ofrecer unha experiencia sensorial, cultural e auténtica. Cada Cantiga xira arredor dun concepto do mundo do viño e propón unha selección coidada de elaboracións que o representan.

A través destas degustacións buscamos compartir non só o sabor do viño, senón tamén a súa historia, o seu contexto e a paixón que hai detrás de cada botella. É unha experiencia ideal para quen queira afondar no universo Martín Códax desde un lugar único.

Barra Atlántica

UN ESPAZO INFORMAL PARA DESCUBRIR OS NOSOS VIÑOS

A Barra Atlántica é a nosa proposta máis desenfadada para catar e gozar do viño na adega, nun ambiente acolledor e sen présas. Aquí podes probar calquera das nosas elaboracións por copa ou por botella, pedir unha recomendación ao noso equipo ou mesmo facer unha pequena degustación.
É un espazo pensado para deixarse levar, preguntar, descubrir e saborear ao teu ritmo. Un punto de encontro onde o viño se vive con proximidade, sen guías nin guións. Perfecto para quen queira iniciarse no mundo do viño ou para quen busque redescubrilo desde novas perspectivas.

A Barra Atlántica está sempre aberta durante o horario da adega e non require reserva. Podes vir só, en parella ou en grupo, elixir o que máis che apeteza nese momento e gozar do viño no seu lugar de orixe.
Consulta directamente na barra as opcións dispoñibles e os seus prezos.

Aprende a mariscar

Descobre esta profesión milenaria

Degustación 3 viños – Capacidade 24 persoas Duración: 3h – Prezo: 45€ adulto e 20€ neno

Más info

Os tesouros da ría

Conoce una conservera artesanal

Degustación 3 viños – Capacidade 8 persoas Duración: 3h – Prezo: 45€ adulto e 18€ neno

Más info

O mar en liberdade

Pasea nunha embarcación tradicional

Degustación 3 viños – Capacidade 10 persoas Duración: 4h – Prezo: 760€

Más info

Terras & Cepas

Sabores entre viñedos

Degustación de albariños – Aforo 16 persoas Duración: 2h – Prezo: 35€ adulto

Más info

TENDA

TENDA

Personaliza a túa experiencia

Convertemos cada ocasión nunha experiencia única. Dinos o que necesitas e deseñaremos contigo un evento á túa medida, con vistas á Ría de Arousa e co Albariño como protagonista.

Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
Fill out this field
You need to agree with the terms to proceed