
Tras a fantástica acollida que tivemos o pasado outono, queremos compartir convosco que o noso centro enoturístico de Pé Redondo reabre as súas portas esta semana Santa, e non podemos esperar a recibirvos.
Con Pé Redondo, queremos que vos levedes moito máis que unha visita; queremos que vivades a paisaxe, que entendades a viticultura do Salnés e que coñezades ás persoas que forman parte do noso proxecto.
Viviredes unha experiencia única profundando en sistemas de condución, variedades que cultivamos e o noso compromiso coa sustentabilidade. A visita culmina cunha cata dos albariños nados nesta leira, acompañados de elaboracións coidadosamente deseñadas para realzar cada viño.
Esperámosvos para brindar xuntos pola primavera, pola nosa contorna e por todos os momentos que aínda nos quedan por compartir en Pé Redondo.
Máis información e reservas aquí.



