A nosa terraza volve converterse no gran escenario da gastronomía galega

Eventos

Volven As Tardes do Atlántico!

Presentamos unha nova edición do noso ciclo gastronómico máis emblemático, reafirmando o noso compromiso coa gastronomía galega, o territorio e o talento culinario.

Este verán, as tardes fronte á Ría de Arousa volven converterse nun punto de encontro para a cociña, a paisaxe e a cultura atlántica. A nosa terraza acolle unha nova edición deste ciclo gastronómico que cada ano reúne algúns dos nomes máis destacados da cociña galega nun entorno único.

Gastronomía con identidade, viño con orixe

Entre o 1 de xullo e o 19 de agosto, oito cociñeiros e cociñeiras de distintos puntos de Galicia compartirán a súa forma de entender a cociña nunha proposta que combina produto local, territorio e creatividade. Cada xornada está deseñada como unha experiencia exclusiva na que a gastronomía contemporánea dialoga cos albariños da adega e coa paisaxe do Salnés.

Unha cita imprescindible do verán galego que reúne desde proxectos recoñecidos con Estrela Michelin ou Soles Repsol ata propostas emerxentes que están marcando o futuro da cociña galega. Todos eles comparten unha mesma filosofía: respecto polo produto, conexión co territorio e unha cociña con identidade propia.

Cociña de autor en cada solpor

Cada sesión convértese nunha experiencia sensorial única, onde os asistentes poderán gozar de elaboracións creadas en exclusiva para o ciclo. Un formato próximo e desenfadado que permite non só degustar cada proposta, senón tamén coñecer de primeira man aos cociñeiros e cociñeiras, descubrir a súa historia, o seu proceso creativo e o seu vínculo co territorio.

Programa 2026: oito cociñas, oito miradas

1 de xullo – Miguel González (venda o 25 de xuño)
Recoñecido con Estrela Michelin e Sol Repsol, abrirá o ciclo cunha proposta onde técnica, sensibilidade e produto únense nunha experiencia chea de matices.

8 de xullo – Casa Gaibor (venda o 2 de xullo)
Unha cociña que emociona dende a sinxeleza, reivindicando a tradición e o valor das raíces cunha mirada contemporánea.

15 de xullo – Enxebre (venda o 9 de xullo)
Cociña de autor baseada na honestidade, a creatividade e o respecto absoluto polo produto de tempada.

22 de xullo – A Horta do Obradoiro (venda o 16 de xullo)
Referentes da cociña de proximidade, profundamente conectada con produtores, hortas e mercados.

29 de xullo – Ceibe (venda o 23 de xullo)
Un proxecto con Estrela Michelin que explora a identidade do territorio dende unha cociña creativa e comprometida.

5 de agosto – É Restaurante (venda o 30 de xullo)
Unha das propostas emerxentes con maior proxección, onde creatividade e técnica se poñen ao servizo do produto.

12 de agosto – Bacelo (venda o 6 de xullo)
Unha reinterpretación da tradición con personalidade, sensibilidade e unha coidada atención ao produto.

19 de agosto – Alberte (venda o 13 de xullo)
Pechará o ciclo cunha cociña honesta e directa, marcada pola brasa e o protagonismo do mar.

Compromiso co territorio

Con esta iniciativa, reafirmamos a nosa aposta polo territorio, o talento gastronómico galego e a creación de experiencias que poñen en valor a cultura, a paisaxe e as persoas que dan vida ao Atlántico.

As Tardes do Atlántico consolídase así como unha das grandes citas gastronómicas do verán galego, un espazo onde a cociña, o viño e a paisaxe se atopan para celebrar a riqueza e diversidade de Galicia.

• Venda de entradas semanal
• Entradas á venda cada xoves a partir do 25 de xuño ás 12:00 h en Ticketrona
• Prezo: 35 € por persoa
• Prazas limitadas
• Acceso só para maiores de idade
• Lugar: Terraza de Bodegas Martín Códax, Cambados

Este verán, ven saborear o Atlántico.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Non se atoparon resultados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed