Bodegas Martín Códax cos cociñeiros estrela.

09 de Decembro de 2011

Nunha viaxe pola Ría de Arousa, máis de 20 estrelas Michelín degustaron os viños da adega.

Nunha viaxe pola Ría de Arousa, máis de 20 estrelas Michelín degustaron os viños da adega.

Non todos os días coincidimos cos xefes de cociña dos principais restaurantes deste país unidos por un mesmo evento. Por iso, a oportunidade que tivemos o pasado 29 de Novembro, foi única.
Máis de 60 xefes de cociña de toda España estaban convocados para asistir ás Xornadas de Exaltación da Centolla, organizada pola Consellería de Mar. Entre eles, 20 estrelas Michelín, onde figuraban nomes como Paco Roncero, Nacho Manzano (cada un deles con 2 estrelas) ou os galegos Pepe Solla e Yayo Daporta. Viñan a coñecer de preto este produto tan apreciado e participaron nunha viaxe a bordo dunha embarcación para visitar algunhas zonas de pesca da centolla na Ría de Arousa. Durante o traxecto preparárase unha comida que se ofreceu a todos e cuxo menú se maridó cos viños de Bodegas Martín Códax. Os escollidos para esta ocasión tan especial foron Martín Códax, Martín Códax Lías, Organistrum e Martín Códax Gallaecia, que foron comentados pola nosa enóloga Katia Álvarez.
Foi todo un luxo poder pasar o día con estes profesionais da cociña. Era unha cita á que non podiamos faltar baixo ningún concepto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario