Carrefour premia a Martín Códax como empresa más innovadora de Galicia

28 de Novembro de 2018

Premios Peme Carrefour 2018

Premios Peme Carrefour 2018

PHOTO-2018-11-27-13-06-22

O traballo que realizamos en materia de innovación e investigación desde Bodegas Martín Códax non é un segredo. Desde os inicios da cooperativa, os esforzos encamíñanse a conseguir unha uva da maior calidade para elaborar viños singulares e únicos, que reflictan a potencia da variedade e, todo iso, mantendo o noso compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade.

Pero o traballo de Martín Códax en innovación vese mais ala da viticultura. Tamén está presente no amplo abanico de produtos que elaboramos sempre atendendo e adaptándonos ás novas demandas do mercado, así como tamén aos diferentes perfís dos consumidores, cada vez máis formados e esixentes. Por iso elaboramos  viños novos, con crianza, viños complexos, divertidos…

Por todo isto,  desde Carrefour tivérono claro: elixiron a Bodegas Martín Códax como empresa máis innovadora de Galicia 2018 premiándonos cun Premio Peme Carrefour!

O director xeral da cooperativa, Juan Vázquez Gancedo, foi o encargado de recoller o galardón nun acto celebrado este martes no Hostal de dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. Na entrega de premios estiveron presentes tanto o conselleiro de Medio Rural, José González, así como tamén o director rexional de Carrefour, Jon Redondo.

A través destes galardóns, Carrefourten como obxectivo poñer en valor o traballo de pequenas e medianas empresas agroalimentarias rexionais, así como tamén cooperativas agrarias e gandeiras.

Queres coñecer todos os nosos proxectos de innovación e investigación? Descúbreos aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    19 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario
  • Arie Willem van den Engh
    1 comentario