Os Xoves de Códax, galardoados nos Premios Paraugas

27 de Novembro de 2018

Premio á Mellor Estratexia/Acción de Branding

Premio á Mellor Estratexia/Acción de Branding

PHOTO-2018-11-26-16-41-32

A xente que nos acompañou verán tras verán en Os Xoves de Códax, saben do que falamos cando dicimos que é una experiencia digna de vivir en primera persoa.

Un ciclo que suma sete edicións e que é xa unha cita musical ineludible do verán das Rías Baixas.

Agora esa experiencia, que involucra o traballo e o esforzo de moita xente diante e detrás do escenario, foi galardoada polos Premios Paraugas, os Premios da Comunicación e do Marketing en Galicia. ¿Os motivos? ¿Aínda é preciso que os contemos?

Unindo paisaxe, cultura, música e viño, Os Xoves de Códax ofrecen a posibilidade de gozar do talento dalgúns dos mellores artistas galegos e do resto do panorama nacional musical. Na nosa terraza, a fusión é a protagonista: concertos únicos nun escenario polo que pasaron voces como as de Silvia Pérez Cruz, Iván Ferreiro, Santiago Auserón, Alba Molina, Carmen París, Martirio, Sole Giménez e Teo Cardalda, Uxía, Cristina Pato, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Sés, e un longo etcétera.

E, aínda así, o verdadeiro espectáculo vai máis alá do que acontece enriba do escenario. A recadación das entradas dos concertos destínase a diferentes entidades sen ánimo de lucro da zona, o que nos permitiu doar mais de 100.000 euros a distintas causas ao longo do ciclo.

Sen dúbida, un premio que recibimos con moitísima alegría e que nos anima a seguir traballando en Os Xoves de Códax, para que máis e máis xente poida seguir gozando dos momentos máxicos que aquí se viven.

  1. He disfrutado de muchos conciertos del verano, esperamos con ilusión la temporada 2019.Nos sorprendió y encantó el grupo Jenny & Mexicans,… A ver si vuelven….
    Saludos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario