Celebra o Día Europeo do Enoturismo con ‘Os sabores do Atlántico’

31 de Outubro de 2018

Goza dunha recopilación do mellor de 'As tardes do Atlántico'

Goza dunha recopilación do mellor de 'As tardes do Atlántico'

cartel-galego

O próximo domingo 11 de novembro celébrase o Día Europeo do Enoturismo e, dende Bodegas Martín Códax sumámonos á celebración con evento que non podrás dedixar pasar. E é que desoís do éxito colleitado este verán pola experiencia enoturística ‘As tardes do Atlántico’, non se nos ocorre mellor maneira de festexar este día coas maridaxes que mellor acollida tiveron ao longo dos tres eses que durou a experiencia. Así, os participantes podrán gozar da combinación dos variados albariños da bodega acompañados por platos onde a fusión e a atlanticidade xogan un papel determinante, sempre buscando destacar a calidade e a personalidade dos productos da zona.

O evento dará comezo ás 12.00 horas cunha breve visita á bodega para coñecer mais sobre a súa historia, a sua filosofía e a elaboración dos seus viños. Algúns deses viños serán os que probarán justo despois, durante a cata maridaje na que os asistentes poderán vivir unha experiencia totalmente atlántica, saboreando os viños procedentes de viñedos do Val do Salnés acompañados por maridaxes únicas e elaboracións transgresoras.

A actividade, que conta cunha aforo máximo de 45 persoas, ten un prezo de 30 euros. Se estás interesado en asistir e participar na actividade, debes adquirir as entradas a través da páxina web da bodega (www.martincodax.com), única canle de venda.

Non esperes ao último momento e faite xa coa túa entrada!

COMPRA AS TÚAS ENTRADAS AQUÍ!

NOTA: Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    19 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario
  • Arie Willem van den Engh
    1 comentario