Comeza a edición máis ambiciosa do Outono Códax Festival

03 de Novembro de 2023

O festival de música negra, que se celebra en Santiago do 3 ao 25 de novembro, volve reunir exquisitos representantes do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación, así como varias actividades paralelas para goce de todos, entre as que destacan as catas de viño con maridaxe e ceas musicais con maridaxe de Martín Códax

O festival de música negra, que se celebra en Santiago do 3 ao 25 de novembro, volve reunir exquisitos representantes do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación, así como varias actividades paralelas para goce de todos, entre as que destacan as catas de viño con maridaxe e ceas musicais con maridaxe de Martín Códax

1080x1080_100x100_GAL

Tres grandes figuras da música negra, habituais nos mellores festivais do mundo de blues e de soul, encabezan a 13ª edición do Outono Códax. A presenza en Santiago de Pokey Lafarge, Nick Waterhouse y Nikki Hill nesta edición do festival, que se celebrará do 3 ao 25 de novembro, reafírmao como a incuestionable gran referencia do xénero.

Así pois, un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con once citas en Santiago de Compostela, ás que hai que sumar unha máis en Madrid, nas que volve reunir exquisitos representates do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional –algúns dos cales actúan por primeira vez en Galicia-, unha representación do blues e do rock español –como é o caso de Kamikaze Helmets- e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.

Entre as novidades de esta edición do Outono Códax destaca eo feito de trasladar algunhas actividades a Madrid. Así, el domingo 5 de novembro tendrá lugar a presentación do festival no FNAC de Callao, onde haberá unha actuación, de acceso libre, dos galegos The Limboos. Adeais, un dos concertos  trasladarase a Madrid (o de Sarah Shook & The Disarmers, que se celebrará o martes 7 ás 20 horas na sala Clamores), como unha primeira aproximación de cara a poñer en valor a programación do festival e aumentar a súa notoriedade.

As actividades do Outono Códax en Madrid completaranse coa grabación e emisión en directo do podcast Outono Códax 2023, que tenrá lugar o martes 7 ás 17 h,  dende o local Chopper Monster.

O resto dos concertos terán por escenario a Sala Capitol e o Riquela Club de Santiago. A Capitol acollerá, de feito, outra novidade do festival, como é a emisión en directo, o xoves 23 de novembro, do programa «El sótano», de Radio 3, que dirixe e presenta Diego RJ.

Entre a oferta de actividades paralelas que se desenrolarán no Outono Códax Festival  figuran algunhas xa habituais como as catas de viño con maridaxe, querealizaranse en emblemáticos restaurantes de Santiago (Café Casino, jueves 9; A Bodeguilla de San Lázaro, xoves 16; e Restaurante O Curro da Para, martes 21); a cea asiática con música en directo (restaurante Flamingo, martes 14) o as pinchadas no Riquela Club e en A Reixa, que nesta edición estarán protagonizadas por Javi Savoy, Neil Youdale & Friends, Iván Chooper Monster e Crazy Jeans.

Podes consultar toda a programación en www.outonocodaxfestival.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario