Fragmentos de onte galardoada nos Premios Paraugas

20 de Novembro de 2023

A campaña da edición especial do albariño Martín Códax recibiu o premio á mellor acción de branding na VIII edición destes premios que cada ano concede o Clúster de Comunicación de Galicia.

A campaña da edición especial do albariño Martín Códax recibiu o premio á mellor acción de branding na VIII edición destes premios que cada ano concede o Clúster de Comunicación de Galicia.

WhatsApp Image 2023-11-17 at 22.06.08

A campaña da edición especial Fragmentos de Onte de Bodegas Martín Códax foi galardoada co Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding na ceremonia de entrega da edición deste ano, celebrada na cidade de Ferrol.

Unha distinción que supón un recoñecemento ao compromiso de Bodegas Martín Códax coa cultura e a orixe. Co objectivo de amplicar ao máximo este compromiso, desenrólase Fragmentos de Onte, fundamentada en por en valor o legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson e do seu percorrido pola sociedade, lugares e costumes da Galicia de 1925. O proxecto, levado a cabo durante este ano, baséase en tres eixos diferentes: unha edición especial do albariño Martín Códax, formada por 6 etiquetas únicas e diferentes na que se homenaxean os oficios e a coraxe das mulleres galegas dos anos 20, como redeiras, leiteiras, vendedoras…Unha exposición, en colaboración coa Hispanic Society of America e a Asociación Sete Espadelas, nas cidades de Vigo, Santiago e Lugo, na que se mostrou boa parte da obra de Ruth Matilda Anderson complementada con máis de 60 maniquies que reproducen a vestimenta das mulleres de finais do século XIX e principios do XX e que tivo un enorme éxito, tanto de visitantes, máis de 18.000 persoas, como de participantes nas visitas guiadas.

Ademais, co fin de conxugar a cultura coa gastronomía, o proxecto completouse con propostas gastronómicas de recoñecidos cociñeiros locais, visitas guiadas e catas comentadas dos distintos viños da adega, rematando así o percorrido viño-Galicia-cultura que Martín Códax perseguía a través de esta Edición especial.

Co obxectivo de xerar engagement e recoñecemento de marca levouse a cabo unha campaña de publicidade dando visibilidade á Edición Especial Fragmentos de Onte e á Exposición. A campaña quere reflectir a orixe das nosas tradicións e cultura galega, a través da gráfica das etiquetas da Edición Especial Fragmentos de Onte. Constou de diferentes aplicacións gráficas para distintos soportes, realizando campaña en prensa escrita, medios online e redes sociais.

Jorge Pallarés, director de marketing, comunicación e enoturismo da adega, destacou ó recibir o galardón que “sen dúbida, é un premio que recibimos con moita alegría e que anímanos a seguir traballando neste tipo de proxectos unidos a promover e difundir a nosa cultura”.

Os Premios Paraugas, promovidos polo Clúster de Comunicación de Galicia e que este ano celebraron a súa VIII edición, recoñecen ós proxectos e accións máis importantes e relevantes de marketing e comunicación do ano.

WhatsApp Image 2023-11-17 at 22.19.32

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario