Entrevista a Fernando Oliva García

10 de Setembro de 2011

O director de La Chinata, empresa oleíca estremeña, involucrouse de cheo no proxecto tras rematar os seus estudos universitarios en 2003. Estudou Administración e Dirección de Empresas en Madrid cun enfoque moi internacional, cursando dous anos no estranxeiro.

O director de La Chinata, empresa oleíca estremeña, involucrouse de cheo no proxecto tras rematar os seus estudos universitarios en 2003. Estudou Administración e Dirección de Empresas en Madrid cun enfoque moi internacional, cursando dous anos no estranxeiro.

La Chinata foi fundada en 1932. Como evolucionou a empresa ata hoxe?

Os cincuenta primeiros anos de La Chinata foron moi homoxéneos. O noso negocio era a fabricación de aceite de oliva nunha pequena almazara. Os nosos clientes eran locais e en moitos casos traballabamos a ‘maquía’, é dicir, cobrar simplemente por molturar aos pequenos agricultores.
Hai uns 25 anos, ao chegar á empresa as novas xeracións, o concepto cambiou e empezamos a producir maiores volumes de aceite de oliva virxe extra para comercializalos en todo o país.

Pouco a pouco crecemos adaptándonos ao mercado e na actualidade contamos cunha ampla rede de distribuidores, estando presentes en máis de 25 países.

A parte de producir aceite e produtos gastrónomo, tamén elaborades produtos de cosmética. Cando e como se dá este salto?

Hai uns dez anos aproveitabamos os restos do aceite de oliva virxe extra do envasado para facer xabóns artesanais. Ao pouco tempo xa non podiamos abastecer a demanda do noso clientes e tivemos que industrializalo. Dende entón fomos aumentando o número de referencias cosméticas ata superar o medio centenar.
Agora podemos estar orgullosos de ter a liña cosmética, baseada no aceite de oliva, máis importante a nivel nacional.

Ademais, a I+D+i na vosa empresa ocupa un lugar destacado. Cales son as vosas principais liñas de investigación?

Creo que é evidente que investimos moito no desenvolvemento de produto. Na actualidade contamos con máis de duascentas referencias distintas e o noso ritmo de crecemento é moi bo. Practicamente incorporamos de dous a cinco referencias ao mes.

Ademais disto estamos a investigar novos métodos comerciais. A nosa páxina web está en constante desenvolvemento e temos moito proxectos e ideas pendentes de poñer en práctica.

Respecto á colaboración entre Martín Códax e La Chinata, que destacarías desta sinerxía e do evento?

Creo que Martín Códax comparte a nosa idea de negocio actual e de adaptación. Na nosa empresa prima por riba de todo a gastronomía e iso vese reflectido en todo o que facemos.
Martín Códax é un dos referentes dentro da enoloxía e nós estamos a intentar desenvolver o mundo do aceite case tanto como o do viño, facendo catas, maridaxes, tendas especializadas…

O evento estivo fenomenal, Yago Daporta soubo maridar ambos os dous produtos á perfección. Proba diso foi o éxito de asistencia e o eco que se fixo desta noticia

Na presentación que tivo lugar en adega puideches probar os nosos viños. Cal che gustou máis? Que sitio elixirías para gozalo?

O que máis me sorprendeu foi o voso viño fermentado en barrica, Organistrum. Creo que sae fóra do común. Creo que o mellor sitio para gozalo é calquera ría galega ao atardecer, se pode ser acompañado de bos amigos. En definitiva, como o puidemos gozar o pasado día 28 na nova terraza de Martín Códax.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario