Remata o proxecto Vinysost

29 de Decembro de 2018

O proxecto busca dar resposta aos principais retos do sector

O proxecto busca dar resposta aos principais retos do sector

vinysost

Tras catro anos de traballo e investigación o consorcio que levou a cabo e desenvolveu o proxecto Vinysost, no que participamos, deu por finalizado o estudo!

Este proxecto de I+D, que comezou en agosto de 2014, ten por obxectivo dar resposta aos principais retos do sector vitivinícola español centrándose na mellora da súa competitividade, sustentabilidade e rendibilidade, a nivel nacional e internacional, cunha especial atención á mellora da súa cota de mercado e o aumento do prezo do viño no exterior.

O proxecto levouse a cabo en oito comunidades autónomas de toda España e nel interviñeron dez grupos de investigación do país, Adegas Martín Códax e outros sete socios empresariais. O proxecto contou cun orzamento de 7,5 millóns de euros, dos cales 6 millóns foron achegados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) e cofinanciados polos fondos FEDER da Unión Europea.

O estudo desenvolveuse en tres eixos:

  1. VITISOST: centrándose no deseño de estratexias para a produción sustentable en grandes viñedos, todo orientado a mellorar a calidade da uva e controlar o seu crecemento.
  2. ENO+: orientada a desenvolver estratexias para mellorar e modelizar a correcta evolución e estabilidade do viño, dando resposta ás necesidades e gustos dos diferentes perfís de consumidor actuais.
  3. WINESOST: buscaba mellorar a sustentabilidade integral vitivinícola a través do cálculo da pegada de carbono e hídrica, o ciclo de vida e o custo. Búscase facer posible obter producións de calidade e a competitividade empresarial respectando o medio ambiente.

Concretamente, o noso principal obxectivo no primeiro dos eixos do estudo ( VITISOST) foi desenvolver de condución de viñedo para lograr unha produción sustentable de Albariño Rías Baixas. Dentro do segundo eixo ( ENO+) o estudo centrouse en conseguir estratexias para o control da estabilidade microbiológica, química, aromática e sensorial dos viños. No terceiro dos eixos ( WINESOST) centrouse na aplicación integral do soporte á xestión empresarial implementado análise e custo do ciclo de vida.

Vinysost é só un das moitas investigacións nas que traballamos co obxectivo de mellorar a calidade e a sostibilidade dos nosos produtos. Queres coñecer outros proxectos nos que participamos? Pica aquí e coñéceos todos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    21 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Angel
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario