Martín Códax Lías, Mellor Viño Branco sen barrica de España 2018

02 de Xaneiro de 2019

A AEPEV premia os nosos viños por quinto ano consecutivo

A AEPEV premia os nosos viños por quinto ano consecutivo

premio lias-miniatura web- 382x306px

Pódese empezar o ano de mellor maneira? Imposible! E é que Martín Códax Lías acaba de ser elixido Mellor Viño Branco (sen barrica) de España 2017 pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño ( AEPEV)!

Tras catar un total de 575 marcas na primeira fase do concurso, das cales só pasaron á final un total de 139 viños e 48 espirituosos que optaban a 11 títulos diferentes, Martín Códax Lías 2015 volveuse alzar por segundo ano consecutivo como Mellor Veiño Branco sen barrica de España.

Con este galardón, xa son cinco os anos consecutivos nos que a AEPEV premia algún dos nosos viños. Concretamente, Martín Códax Lías xa foi premiado coa anada 2011 no ano 2014 e a 2015 en 2017 e agora en 2018. A anada 2014 de Martín Códax tamén recibiu o recoñecemento dos xornalistas e escritores do viño, así como Martín Codax Vindel no 2016.

A orientación e o compromiso dos nosos viticultores coa calidade e a nosa implicación en I+D+i, permítennos mellorar ano tras ano, aumentando constantemente a calidade dos nosos viños. Iso tradúcese nos bos resultados que suman os nosos viños nos diferentes concursos, así como tamén a boa opinión de consumidores e críticos.

Faite con Martín Códax Lías na nosa tenda online e verifica a opinión dos críticos do sector!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario