Enofusión concédelle a Juan Vázquez Gancedo o premio á Traxectoria e a Innovación

25 de Xaneiro de 2019

Outórganlle o Premio D. Luis Hidalgo polo seu traballo á fronte da cooperativa

Outórganlle o Premio D. Luis Hidalgo polo seu traballo á fronte da cooperativa

image for banner

A organización de Enofusión decideu outórgarlle este premio a Juan Vázquez como figura destacada no mundo do viño “por levar á cooperativa galega aos máis altos estándares de calidade, así como pola súa continua labor en I+D+i e o seu constante apoio a proxectos de ámbito cultural”. A entrega terá lugar o próximo martes 29 de xaneiro durante a cumbre internacional de gastronomía Madridfusión.

Juan Vázquez, lincenciado en Ciencias Empresariais e director xeral de Bodegas Martín Códax dende 1995, é tamén viticultor e socio de Viticultores Martín Códax. Compaxina a dirección da adega con outros importantes postos no sector agroalimentario como o Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrono experto do Observatorio Español do Mercado do Viño, vogal da Xunta Directiva da Plataforma Tecnolóxica do Viño e vogal do Consello Regulador Rías Baixas. Todo isto non consigueu que abandoe a súa paixón pola docencia, sendo tamén profesor de Marketing no Mestrado en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Compostela. Cargos e ocupacións que avalan o recoñecemento outorgado.

A traxectoria de Juan Vázquez no mundo do viño xa foi premiada no International Wine Challenge Merchand Awards, no que o xurado formado por profesionais do sector nombrárono Personalidade do Ano 2017. Neste caso resaltouse a súa aposta polo viño de calidade na zona noroeste de España e o importante papel que tivemos como modelo para o cooperativismo deste país.

Este galardón en Enofusión, súmase ás boas novas coas que estreamos o ano, situando por quinto ano consecutivo a un dos nosos viños -neste caso Martín Códax Lías 2015- como Mellor Viño Branco de España sen barrica pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) e tras acadar puntuacións excelentes para os nosos viños nas principais guías do sector vitivinícola español.

 

Premios Enofusión

Os premios Enofusión recoñecen a persoas, empresas e institucións que co seu traballo axudan a mellorar o sector do viño dende diferentes eidos. Concretamente, o Premio D. Luis Hidalgo, bautizado así na memoria do pai da viticultura española moderna, foi creado por Enogusión co obxectivo de recoñecer ás grandes figuras impulsoras do viño no noso país.

Enofusión 2019 celebrarase no Palacio Municipal de Congresos de Madrid e será o lugar de encontro entre profesionais e prescriptores do mundo do viño.

O obxectivo do congreso é darlle voz ao coñecemento, á innovación e ás últimas tendencias no mundo do viño dándolle un papel protagonista dentro do ámbito gastronómico. Durante os próximos 28-29-30 de xaneiro Enofusión será o lugar onde a través de catas, degustacións e conferencias tratarase de coñecer novas tendencias, novos viños e o seu papel sobre a mesa ou na barra dun bar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    32 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Angel
    1 comentario